Saltar

PAX Estrutura armario, efecto carballo tintura branca, 75x58x201 cm

70€
As portas, bisagras e interiores véndense á parte.

Escolle cor:

Efecto carballo tintura branca
  • Un marco de armario ikea PAX beige, alto, rectangular, con buratos para estantes.
  • Marco branco de armario de armario ikea PAX - alto, rectangular, taboleiro de fibra e taboleiro de partículas, fácil de montar / desmontar.
  • Marco de armario de madeira clara PAX. Deseño sinxelo e sen portas.
  • Armario PAX, gris, deseño sinxelo, forma rectangular. Feito de taboleiro de partículas, papel de papel, pintura acrílica.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
PAX
604.582.32

A estrutura de roupeiro PAX é fácil de montar e desmontar, xa que non require ferramentas. O segredo é a súa construción dobrable, que se abre como un libro xusto no lugar onde queiras colocar o teu roupeiro.

Máis información
Dormitorio moderno con armario PAX lixeiro, roupa organizada, cadeira de xanela e imaxes enmarcadas.

Opinións dos clientes

4.1Recensión: 4.1 de 5 estrelas. Revisións totais: 511Valoración media
511Opinións
4.1Recensión: 4.1 de 5 estrelas. Revisións totais: 511Valoración media
511Opinións

Accesorios para PAX

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Primeiro plano do recuncho de mobles de madeira, mostrando gran natural e acabado liso.

Desdobra o teu armario PAX

En ocasións, poñer a orella ás agochadas dá bos resultados. Un dos nosos máis experimentados innovadores escoitou un día a varios compañeiros falando sobre as dificultades de montar un armario PAX. Decontado acendeu nel a faísca da creatividade. Que facer para simplificar e facilitar o proceso de montaxe?

"Era, por riba de todo, un problema coa versión anterior da estrutura PAX", di Benny Andersson, un técnico veterano de IKEA. "Montala en vertical era complicado de máis. Pero montala e despois colocala en vertical esixía ter uns teitos máis altos có propio armario, algo que non todo o mundo ten".

Como abrir un libro

Benny e os seus compañeiros comezaron a matinar en posibles solucións: e se os laterais xa estivesen unidos á parte posterior desde o primeiro momento? Desa maneira sería posible montar o armario en vertical e no lugar que queiramos desde o principio. A solución do equipo foi un gonzo innovador que permite unir as pezas na mesma fase de produción. "Unha vez na casa, o cliente abre o armario como se fose un libro e xa pode colocar cada cousa no seu sitio. E o mellor é a posibilidade de desmontar o armario facilmente cando queiras ou teñas que cambialo de sitio".

Montaxe rápida coas instrucións axeitadas

Co novo formato, Benny e o equipo deron reducido á metade o tempo necesario para montar unha estrutura PAX. Pero non quixeron quedar aí. "Somos especialistas no noso eido, pero é que ademais tivemos a sorte de contar coa axuda de compañeiros doutros departamentos que nos axudaron coas probas de montaxe. Aquilo permitiunos perfeccionar as instrucións de montaxe e reducir os tempos aínda máis". Así, o que comezou con Benny poñendo a orella ás agochadas acabou cunha estrutura PAX máis fácil e rápida de montar. "Para ter éxito nunca proxecto como este cómpre que todos os membros do equipo se desafíen e motiven entre eles. A nosa misión é traballar co vento en contra e, como nun campo de fútbol, o resultado final é froito do esforzo conxunto".

Máis información

Funcionalidade

A difícil arte de simplificar

Gústannos as cousas sinxelas, pero tamén os obxectivos difíciles. Así é como facilitamos a montaxe dos roupeiros PAX. Os PAX son abatibles, polo que podes montar a estrutura directamente onde queiras para evitar cargar con el unha vez o teñas montado. O mesmo pasa coas portas corredizas, que podes montar sen ter que levantar pesos e aforrándote outros problemas. Un moble fácil de montar e desmontar, para que poidas levalo contigo nas mudanzas e gozar del durante máis tempo.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de