Benny e os seus compañeiros comezaron a matinar en posibles solucións: e se os laterais xa estivesen unidos á parte posterior desde o primeiro momento? Desa maneira sería posible montar o armario en vertical e no lugar que queiramos desde o principio. A solución do equipo foi un gonzo innovador que permite unir as pezas na mesma fase de produción. "Unha vez na casa, o cliente abre o armario como se fose un libro e xa pode colocar cada cousa no seu sitio. E o mellor é a posibilidade de desmontar o armario facilmente cando queiras ou teñas que cambialo de sitio".
PAX Estrutura armario, branco, 75x58x201 cm
Escolle tamaño
- 75x35x201 cm−10€
- 75x35x236 cm+10€
- 75x58x201 cm
- 75x58x236 cm+10€
Como conseguilo
Recoller 14 puntos con
A estrutura de roupeiro PAX é fácil de montar e desmontar, xa que non require ferramentas. O segredo é a súa construción dobrable, que se abre como un libro xusto no lugar onde queiras colocar o teu roupeiro.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
A armazón pregable permíteche montar a estrutura en vertical e de fronte. Isto resulta moi útil se o teito é baixo, porque evitarás ter que mover o moble unha vez montado.
Inclúe dúas ferraxes distintas para que poidas fixala á parede con total seguridade, independentemente de que haxa ou non un rodapé entre a estrutura e a parede.
A estrutura, robusta e resistente, pódese desmontar facilmente, para que poidas mover o armario onde queiras e levalo contigo se cambias de casa.

Opinións dos clientes
Accesorios para PAX
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Desdobra o teu armario PAX
En ocasións, poñer a orella ás agochadas dá bos resultados. Un dos nosos máis experimentados innovadores escoitou un día a varios compañeiros falando sobre as dificultades de montar un armario PAX. Decontado acendeu nel a faísca da creatividade. Que facer para simplificar e facilitar o proceso de montaxe?
"Era, por riba de todo, un problema coa versión anterior da estrutura PAX", di Benny Andersson, un técnico veterano de IKEA. "Montala en vertical era complicado de máis. Pero montala e despois colocala en vertical esixía ter uns teitos máis altos có propio armario, algo que non todo o mundo ten".
Como abrir un libro
Montaxe rápida coas instrucións axeitadas
Co novo formato, Benny e o equipo deron reducido á metade o tempo necesario para montar unha estrutura PAX. Pero non quixeron quedar aí. "Somos especialistas no noso eido, pero é que ademais tivemos a sorte de contar coa axuda de compañeiros doutros departamentos que nos axudaron coas probas de montaxe. Aquilo permitiunos perfeccionar as instrucións de montaxe e reducir os tempos aínda máis". Así, o que comezou con Benny poñendo a orella ás agochadas acabou cunha estrutura PAX máis fácil e rápida de montar. "Para ter éxito nunca proxecto como este cómpre que todos os membros do equipo se desafíen e motiven entre eles. A nosa misión é traballar co vento en contra e, como nun campo de fútbol, o resultado final é froito do esforzo conxunto".
Funcionalidade
A difícil arte de simplificar
Gústannos as cousas sinxelas, pero tamén os obxectivos difíciles. Así é como facilitamos a montaxe dos roupeiros PAX. Os PAX son abatibles, polo que podes montar a estrutura directamente onde queiras para evitar cargar con el unha vez o teñas montado. O mesmo pasa coas portas corredizas, que podes montar sen ter que levantar pesos e aforrándote outros problemas. Un moble fácil de montar e desmontar, para que poidas levalo contigo nas mudanzas e gozar del durante máis tempo.











