Servizos de planificación para a túa empresa
Axudámosche a planificar os mobles da túa estancia
Recibirás a máis completa atención por parte do noso persoal experto de IKEA, que te asesorará de xeito personalizado na planificación de todas as túas estancias: cociña, sala de estar, dormitorio, oficina, baño, etc.
Planificación de espazos
Axudámosche e asesorámoste na planificación da oficina ou outra estancia do teu negocio (cociñas, armarios, baños ou salas de estar) para tirarlle o máximo partido e que poidas cubrir todas as túas necesidades sen renunciar aos teus gustos.
- Na tenda: solicita unha cita e atenderémoste nos nosos puntos de información de IKEA para Empresas.
- Virtual: Terás unha reunión por videochamada cos nosos especialistas.
Precisas un deseño de interiores completo?
Traballaremos conxuntamente para deseñar a mellor decoración para o teu negocio, con diversos planos de planta e iluminación, así como vistas 3D. Ao finalizar o servizo, entregarémosche un orzamento personalizado e detallado, ademais dun proxecto completo en 3D.
Prezo: 99€ (59€ se es da Rede IKEA para Empresas)
Obtén o teu pequeno pedido GRATIS
Só do 13 ao 30 de xullo, se es do club IKEA Family ou da Rede IKEA para Empresas, para compras superiores a 50 €.
Máis informaciónFinanciamento
Elixe o teu plan de financiamento





