Ideas de agasallos infantís para o Nadal
Se xa gozamos da experiencia de facer un agasallo, que sexa para un neno ou unha nena é, sen dúbida, unha das mellores sensacións que se viven durante o Nadal. Non contaxiarse da ilusión e da ledicia dos pequerrechos é imposible!
Buscas o agasallo perfecto para os pequenos da casa? Inspírate con esta listaxe de agasallos infantís. Axuda ao seu desenvolvemento con esta serie de agasallos que potencian a imaxinación, a psicomotricidade e mesmo serven para practicar as mates. Hai para todas as idades, gustos e carteiras!

Agasallos de toda a vida, pero aínda mellores
IKEA e LEGO® unímonos para crear unha serie de xoguetes que, á súa vez, son solucións de almacenaxe e facilitan a vida tanto aos nenos como aos adultos. E cada produto, por menos de 20€!
As caixas BYGGLEK pódense unir a outras para integralas como parte dunha historia máis grande e divertida. O mellor de todo é que, cando chegue a hora de recoller, os pequerrechos non terán que desmontar nin gardar nada porque xa estará todo no seu sitio. Xogos e orde sen interrupcións!
Cociñando soños a lume baixo
Deixa que os pequenos chefs do fogar xoguen a seren grandes mestres da cociña. Coa nosa pequena cociña de xoguete SILLTRUT e os alimentos de peluche DUKTIG. É hora de que fagan realidade os seus soños e preparen os seus pratos como chefs profesionais.
Os xogos de imitación son moi importantes para aprenderen a desenvolver habilidades sociais, por iso, intentamos que todos os produtos desta serie teñan un aspecto o máis real posible.

- Páxina de información do produto
Amigos para abrazalos sempre
As peluches nunca son suficientes, ou polo menos iso é o que nos demostran os pequerrechos. E que lles encanta poder ter diferentes amiguiños que os acompañen nos seus xogos e aventuras e mesmo que os protexan pola noite. Por iso, nesta listaxe de agasallos infantís para o Nadal non podía faltar unha bonita e suave peluche. Sempre están dispostas a xogar cos nenos e nenas, e desexando vivir grandes aventuras a carón deles.
Un oso panda, un golfiño e ata un polbo! Todos esperan acabar no seu dormitorio e pasalo xenial.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
Un encerado para potenciar a creatividade
Un cabalete como o noso MÅLA é o agasallo ideal para os artistas da familia e serve como apoio para repasar as cousas do colexio cando volvan á casa. Ademais de ser económico, este cabalete permite deixar voar a súa creatividade, e sen perigo de manchar a parede ou o chan!
Poderán elixir o estilo que queiran practicar grazas á súa dobre cara, unha é un encerado branco para pintar con rotuladores específicos e a outra é negra, adecuada para xices de cores. E pode completarse co noso rolo de papel de debuxo desta mesma serie para pintaren comodamente. Ao rematar, poden pregalo todo para que non ocupe espazo no dormitorio.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
Viaxeiros ao tren!
Non hai nada coma un divertido xogo para potenciaren a súa imaxinación e o pensamento lóxico. Se é unha apaixonada ou un apaixonado das minicidades e dos grandes transportes, este agasallo de Nadal, sen dúbida, vaille encantar.
A colección LILLABO permítelles construír ao seu gusto unha pequena poboación rodeada polas vías dun tren de madeira que avanza por túneles, atravesa un bosque frondoso e leva a todos os cidadáns a vivir grandes aventuras. Como ten diferentes apliques individuais, poderá agrandar cada vez máis o percorrido.

- Páxina de información do produto
O partido comezou
A actividade física axuda ao teu pequeno a desenvolver as habilidades motoras e a coordinación, ademais de crear un hábito saudable para toda a vida.
Con estas miniportarías, que serven tamén como espazo de almacenaxe, poderás botar un partido rápido cando queiras. Se se colocan de lado, caben en calquera recuncho e deixan espazo para facer outras cousas.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
Un recuncho onde manda a imaxinación
Tenda para exploradores, foguete para astronautas e circo para artistas. As nosas tendas de xoguete son o lugar ideal para que os nenos e nenas entren nos seus mundos imaxinarios.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
Merca hoxe e paga aos poucos*
En IKEA, queremos axudarche a conseguir os teus soños. Por iso temos un servizo de financiamento que che axudará a pagar as túas compras con comodidade, sexa na tenda, na web IKEA.es ou a través da venda telefónica, ata en 48 meses sen xuros con TAE 0%(*)!