Saltar
Máis de Colección AFTONSPARV

AFTONSPARV Peluche, alien/verde, 34 cm

7,99€
Outlet
15% de desconto exclusivo onlineOferta válida desde 14.07.26 ata 31.08.26 ou ata fin de existencias.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
AFTONSPARV
405.515.56

Un extraterrestre de peluche é o mellor amigo que se pode levar a vivir aventuras imaxinarias no espazo. Que se lle ocorrerá á túa pequena esta vez co seu superheroe?

Características do produto
  • Lavable á máquina
Máis información
Parede azul con libros, xoguete alieníxena, cama con almofadas de cores.

Opinións dos clientes

4.9Recensión: 4.9 de 5 estrelas. Revisións totais: 64Valoración media
64Opinións
4.9Recensión: 4.9 de 5 estrelas. Revisións totais: 64Valoración media
64Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

É posible encariñarse co plástico?

Queremos reducir a cantidade de materiais novos que utilizamos para fabricar os nosos peluches. Unha forma de conseguilo é utilizar poliéster reciclado no recheo e darlle unha segunda oportunidade ó plástico usado. Cos nosos novos peluches AFTONSPARV damos un paso máis alá. Utilizamos exclusivamente poliéster reciclado no tecido, o recheo e en todos os fíos, sen comprometer a seguridade nin a calidade.

Parede azul con libros, xoguete alieníxena, cama con almofadas de cores.

O espazo é infinito, como a imaxinación

Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.

Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".

Un foguete espacial propulsado pola imaxinación

As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".

Durmir ollando os planetas

Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...

Máis información

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección AFTONSPARV

Accesorios para AFTONSPARV