Saltar

SPORTSLIG Almacenaxe balón/portería

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
SPORTSLIG
305.042.35

Podes usala como portaría e, cando sexa a hora de recoller, para gardar as pelotas dentro. Tan divertida como práctica.

SPORTSLIG Almacenaxe balón/portería
DeseñadorGustav Carlberg
Máis información
Sala infantil con portería de almacenamento de balón azul SPORTSLIG nunha alfombra verde. Tres balóns de fútbol nas proximidades. A cama ten sabas de fútbol.

Opinións dos clientes

4.4Recensión: 4.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 172Valoración media
172Opinións
4.4Recensión: 4.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 172Valoración media
172Opinións

Accesorios para SPORTSLIG

As túas olladas

Ideas suxeridas por este produto

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Sala infantil con portería de almacenamento de balón azul SPORTSLIG nunha alfombra verde. Tres balóns de fútbol nas proximidades. A cama ten sabas de fútbol.

Motivación e movemento

En IKEA e os nenos queremos fomentar un estilo de vida activo, onde actividades como saltar, correr, divertirse e xogar estean máis presentes. Porque os estudos demostran que a actividade física xoga un papel fundamental no benestar infantil e é un investimento a longo prazo.

Maria Ekblom, profesora asociada na facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde de Suecia, estuda o impacto que o deporte ten sobre a saúde infantil. "Sabemos con certeza que facer exercicio a unha intensidade adecuada ten un impacto positivo sobre o estado físico, mellora a capacidade muscular, a saúde cardiovascular, regula a presión sanguínea así como os niveis de azucre en sangue".

Ao corpo gústalle moverse

"As pescudas demostran que moverse mellora o benestar mental e ten un impacto positivo sobre determinadas funcións cognitivas. Ademais, a actividade física que fagamos durante a nosa infancia influirá tamén nos nosos hábitos e saúde cando sexamos adultos. Mais, cal é o nivel de actividade adecuado? A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que as e os nenos de entre 5 e 17 anos deberían facer polo menos 60 minutos de actividade física diaria a unha intensidade entre moderada e intensa. A maiores aconsella que, un par de veces por semana, sigan unha rutina de adestramento máis intensa a fin de aumentar o seu ritmo cardíaco durante máis tempo.

Marca o ritmo do teu día a día

María tráenos consellos sobre como encontrar o momento e a enerxía necesaria para levar unha rutina de exercicios cotiá. "Se é posible, camiñar ou ir en bicicleta á escola é unha oportunidade estupenda para incorporar unha actividade física ao noso día a día. Do mesmo xeito que quedar cos amigos para xogar ao aire libre, nun lugar seguro". As e os rapaces máis novos teñen un gusto natural pola actividade física, pero poderían necesitar un empurrón segundo vaian medrando, di María. "É importante darlles a oportunidade de practicar deportes e outras actividades adecuadas para a súa idade e que coincidan cos seus intereses. É máis fácil que un hábito saudable se manteña no tempo cando lles gusta o que fan".

Funcionalidade

Moverse axuda a desenvolver o corpo

Ás cativas e cativos encántalles xogar e saltar. Desta maneira, sen eles o saber, están a adestrar as súas habilidades motoras. Atravesar un circuíto de obstáculos, xogar cunha pelota ou mesmo reptar por un túnel estreito axúdaos a mellorar o seu sistema sensorial, en especial a coordinación e equilibrio. Moverse é importante para a saúde de pequenos e maiores.

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de