Saltar
Máis de Colección BLÅVINGAD

BLÅVINGAD Peluche, polbo/amarelo, 50 cm

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

O polbo é un animal mariño único con 8 tentáculos e a capacidade de camuflarse. Imaxina todas as emocionantes aventuras que poden vivir en compañía deste novo amigo.

Número de artigo205.221.07

Sabías que os polbos non teñen rival á hora de agocharse entre as rochas e na area do fondo do mar? Imaxinas un amigo mellor para xogar ás agochadas?

Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

O recheo deste produto contén poliéster reciclado procedente do plástico recollido a 50 km en mar aberto, o que permite reducir a contaminación das augas.

A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

Opinións dos clientes

4.9Recensión: 4.9 de 5 estrelas. Revisións totais: 1032Valoración media
1032Opinións
4.9Recensión: 4.9 de 5 estrelas. Revisións totais: 1032Valoración media
1032Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Xoguete de polbo laranxa claro BLÅVINGAD sobre alfombra azul xunto á cama, suave e reciclado.

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección BLÅVINGAD

Accesorios para BLÅVINGAD