Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".
SKOGSDUVA Peluche, porco espiño/beixe, 21 cm
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
SKOGSDUVA
905.769.03Podes enrolar o ourizo para darlle forma de bóla, igualiño que fan cando se asustan. E ves ese sorriso que ten debuxado? É de pensar o ben que o vai pasar xogando co teu fillo.
- Lavable á máquina
Material
- Tea:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100% reciclada)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.

Os ourizos adoran gorecerse debaixo das follas durante o día e durante a época de hibernación. Déixallos gozar do seu propio acubillo no xardín ou no parte. Pola contra, este é suave e perfecto para xogar con el dentro da casa.
Os fechos de velcro permiten crear facilmente unha bóla co xoguete.
O agasallo perfecto para as nenas e os nenos amantes do bosque e dos animais que alí moran.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.
Malin Gyllensvaan
Pódese acompañar doutros produtos da colección SKOGSDUVA.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Tea:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100% reciclada)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
- Recomendado a partir dos 24 meses.Este produto leva marcado CE.

- 905.769.03
1 × SKOGSDUVA
Peluche- Ancho: 13 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 21 cm
- Peso: 0.06 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.





