Saltar
Ir á lista de produtos
Recolle o teu pedido DE BALDE* con Click & Collect por ser de IKEA Family

Sofas & cadeiras de brazos

Para pasar toda a tarde vendo a tele ou para durmir

Os novos sofá cama e cadeira de brazos cama TORNSBORG de estilo tradicional, cunha robusta estrutura de madeira, son ideais para comezar unha nova serie, botar unha soneca ou prepararse para durmir toda a noite. Iso si: sempre con estilo.

Asentos esculturais para a túa sala de estar

A cadeira xiratoria LILLESÄTER invita á conversa, como unha obra de arte nunha galería. Parécese a un cogomelo? A un zapato de debuxos animados? A unha nube de azucre? Non hai unha resposta correcta, pero non hai dúbida de que causa sensación. Apta para o uso profesional, esta cadeira de brazos tamén está deseñada para o uso diario. A súa cuberta fixa foi sometida a un tratamento que facilita o mantemento e fai que conserve o seu bo aspecto durante moito tempo. Así que non dubides en sentar.

Perfecto para acocharte co teu novo libro favorito

Minimalista, retro ou atemporal? Engádelle un tallo e unha lámpada, e listo! A nosa variedade inclúe moitos tipos de cadeiras de brazos con diferentes estilos, cores e materiais para axudarte a relaxarte con estilo. 

Un novo e cómodo sofá a un prezo que tamén relaxa

Estilo contemporáneo, liñas sinxelas e elegantes, e patas rechamantes, entre outros detalles de deseño. Todo, a un prezo accesible. Así é o novo sofá de dúas prazas SALTMYRAN. O coxín do asento, fabricado con escuma e resortes en zigzag, proporciona comodidade e apoio. Pola súa parte, o coxín do respaldo, recheo de escuma, manterá a súa forma tras anos de sestas e descanso. 

Un exercicio sutil de autocompracencia

Ergue os pés. Colócaos lentamente sobre un puf. Os praceres sinxelos non poder ser máis simples. Non obstante, teñen a súa función. Ademais de engadir cor e estilo, poderás utilizar os pufs como asentos extra, un práctico espazo de almacenaxe oculto ou mesas auxiliares. Algúns ata son amontoables. Serven para todo! 

Montaxe

Servizo profesional, tanto para o fogar como para o traballo

Máis información

Click & Collect

Pedidos para recoller

Máis información

Recompra e revenda

Diñeiro polos teus produtos IKEA usados

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información