Saltar
Ir á lista de produtos

Cadeiras de brazos cama

Sempre quedará a cadeira de brazos cama para aforrar espazo e cartos, sen importar a hora que sexa. A maioría das nosas cadeiras de brazos cama ofrecen unha opción de colchón, para teres o nivel de comodidade que quixeres. Ademais, a maioría conta con fundas extraíbles para mantela limpa ou cambialas se queres darlle un toque novo.

Ordenar e filtrar

7 elementos

Lista de resultados

A cadeira de brazos TORNSBORG é unha cadeira tapizada beige clara cun marco de madeira clara e brazos. O seu estilo minimalista e elegante, perfecto para espazos modernos.Sala de estar acolledora con cadeira de brazos TORNSBORG, cadeira vermella, parede de galería e gran xanela.
IKEA PS 2026 Cadeira de brazos cama, Skiftebo gris beixeIKEA PS 2026 Cadeira de brazos cama, Skiftebo gris beixe
Máis opciónsIKEA PS 2026
Cadeira de denim azul con coxíns, plegable, deseño moderno, asentos cómodos.VÅRKUMLA Cadeira de brazos cama, Vansta azul

O máis vendido

Sofá cama TORNSBORG, marrón claro, marco de madeira, coxíns beige, deseño moderno.Sala de estar moderna con sofá cama TORNSBORG, almofadas de cores, carteis de arte e andeis de libros.
Firme

Amosando 7 de 7 resultados

Vistos recentemente

Categorías relacionadas

As cadeiras de brazos-cama son unha gran solución para aforrar espazo en casas, apartamentos ou estancias de tamaño reducido nos que necesites aproveitar o espazo ó máximo. Pódense usar como asento durante o día e transformarse nunha cama para durmir pola noite.

As cadeiras de brazos-cama, que inclúen un colchón que ofrece un grande apoio e un respaldo que se pode axustar segundo as preferencias, son un lugar acolledor e perfecto para relaxarse. Estes mobles versátiles, cómodos e fáciles de usar adáptanse a distintas finalidades e adoitan ser máis baratos que mercar un sofá e unha cama por separado. 

Por que optar por unha cadeira de brazos-cama

As cadeiras de brazos-cama foron deseñadas con diversas características que contribúen á comodidade xeral. Unha das principais é o colchón, que adoita estar feito de materiais de alta calidade, como escuma ou escuma viscoelástica. Ofrece un apoio e unha comodidade excelentes, tanto para sentar como para durmir. O respaldo axustable é outra característica que che permite encontrar o ángulo perfecto para sentar, relaxarte ou descansar. Os repousabrazos están deseñados para apoiar os brazos e así reducir a tensión nos ombros e no pescozo. 

A pesar de seren pequenos, as cadeiras de brazos-cama son tamén moi cómodas. Ademais diso, son elegantes e personalizables. 

En que nos debemos fixar

Ó mercar unha cadeira de brazos-cama, son varios os factores que considerar. En primeiro lugar, establece un orzamento e busca unha cadeira de brazos-cama que ofreza a mellor relación calidade-prezo. Despois, mide o espazo no que queiras colocar a cadeira de brazos-cama para asegurarte de que colla. Ten en conta as súas dimensións cando a utilices como cadeira ou como cama. En terceiro lugar, elixe cores, deseños e materiais que se adapten á túa decoración e estilo persoal. E, por último, busca características adicionais, como compartimentos de almacenaxe, fundas extraíbles ou outras funcións prácticas.

Onde colocala

Unha cadeira de brazos-cama pode ser un magnífico engadido para calquera estancia do teu fogar. Se vives nun apartamento ou nunha casa de pequenas dimensións, unha cadeira de brazos-cama pode ser unha solución intelixente para aforrar espazo. Ademais, se recibes visitas que adoitan quedar a durmir, contarás cunha solución adicional para durmir que apenas ocupa espazo. 

As cadeiras de brazos-cama tamén poden ser un magnífico engadido para a oficina no fogar e converterse facilmente nunha cadeira de brazos normal na que sentar e traballar durante o día ou nunha cama para botar unha sesta rápida e reparadora. Nos dormitorios infantís, constitúe un moble divertido e mol no que sentar e relaxarse durante o día ou durmir pola noite.