Saltar
Ir á lista de produtos
Recibe o teu pedido pequeno por 2,90€* por ser de IKEA Family

Smart home

Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar

Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Un divertido pedestal de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth KULGLASS e SOLSKYDD, xunto cunha lámpada FADO.

Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar

Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Conéctate con IKEA Home

Goza de IKEA Home. Hoxe e todos os días.

Mira, oe, sinte. Imaxina que o teu fogar estivese conectado, igual que os teus sentidos.

Conéctate con IKEA Home
Obtén máis información sobre os altofalantes wifi SYMFONISK

IKEA e Sonos

Unha colaboración que combina o coñecemento sobre decoración e produtos para o fogar polo que se coñece a IKEA coa experiencia en son e tecnoloxía de Sonos. O resultado? Produtos accesibles de gran calidade que facilitan que o son forme parte da decoración.

Obtén máis información sobre os altofalantes wifi SYMFONISK

Click & Collect

Pedidos para recoller

Máis información

Entrega e retirada

Adeus ao vello para abrir camiño ao novo

Máis información

Instalación

Un servizo completo para a cociña ou o baño

Máis información

Artigos esenciais para o fogar

Dámosche a benvida ao teu fogar do futuro. A nosa gama de dispositivos intelixentes para o fogar foi deseñada co obxectivo de facilitarche o día a día e facelo máis eficiente (e un pouco máis máxico). Mergúllate no universo da vida intelixente e descubre como optimizar a túa vida cotiá cos nosos produtos intelixentes para o fogar.

En que consiste un fogar intelixente?

Un fogar intelixente é aquel que che facilita a vida. Imaxina que podes controlar a iluminación ou o sistema de son cun só toque no teu smartphone. É como ter o teu propio asistente persoal. Os nosos dispositivos intelixentes para o fogar intégranse na túa rutina diaria e ofrécenche unha combinación de funcionalidade e encanto futurista.

Pódome permitir un fogar intelixente?

Por suposto! Crear un fogar intelixente non significa quedar sen un can. Na nosa gama de produtos, encontrarás opcións para todos os petos, de xeito que a maioría das persoas se poden sumar á transición cara a un espazo vital máis intelixente. Comeza dando pequenos pasos, como usar lámpadas LED intelixentes, e despois proba cos altofalantes, estores e mesmo purificadores de aire intelixentes. A clave está en crear un fogar intelixente ao teu ritmo e incorporar dispositivos que se adapten ás túas propias necesidades e estilo de vida.

Un fogar intelixente e actualizado

Unha vez que o teu fogar estea cheo de eficiencia intelixente, o importante é non perder o tren. Mantente ao día da compatibilidade con outros produtos e das novidades para que o teu fogar intelixente vaia evolucionando co paso do tempo. E non esquezas compartir a túa maxia con outros: axuda os teus amigos e familiares a embarcarse tamén na experiencia dos fogares intelixentes. Despois de todo, a intelixencia torna o futuro máis brillante.