Para desenvolver a serie NÄMMARÖ, fixémonos a seguinte pregunta: como podemos crear uns mobles de exterior realmente cómodos e accesibles? Atopamos unha resposta no deseño. Basear toda a serie nunha forma xeométrica sinxela permitiunos reducir os custos de fabricación. O que facilita que se adapte ao tamaño da maioría dos petos.
Serie NÄMMARÖ
Transforma o teu espazo exterior nun refuxio cómodo coa serie NÄMMARÖ. Tanto dá se tes un balcón, unha terraza ou un xardín: atoparás todo o que precisas para comer e descansar ao aire libre. Estas cadeiras, mesas, bancos e hamacas (entre outros moitos produtos) fabricáronse con madeira de acacia resistente, teñen unha gran durabilidade e contan cun deseño atemporal que se adapta á maioría das escenas.

















































