Saltar
Máis de Serie NÄMMARÖ

NÄMMARÖ Sec. asento sofá modular, ext

45€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Coa serie NÄMMARÖ poderás crear unha sala de estar no xardín, no balcón ou na terraza. Ten todo o necesario para os teus momentos de descanso, ceas e festas de verán.

Número de artigo105.102.99

Podes personalizar o sofá e facelo aínda máis cómodo poñéndolle coxíns decorativos de distintas cores, tamaños e deseños.

O moble é de acacia, unha madeira duradeira e resistente grazas á alta densidade das súas fibras.

Combina os mobles para exteriores da serie NÄMMARÖ como prefiras e crea un espazo conxugado onde comer, descansar ou divertirte con familiares e amizades.

O deseño atemporal permite colocar e combinar a serie en moitos sitios distintos.

Opinións dos clientes

4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 225Valoración media
225Opinións
4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 225Valoración media
225Opinións

Accesorios para NÄMMARÖ

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Ás veces está ben ser cuadriculado

Cando creamos NÄMMARÖ preguntámonos: cal é a mellor maneira de crear mobles para exteriores cómodos e económicos? Unha das respostas encontrámola no deseño. Basear toda a serie unha única forma xeométrica permitiunos reducir os custos de fabricación. O teu peto agradecerao.

"Queriamos que NÄMMARÖ fose manexable e ofrecese solucións para a casa", di o deseñador Anders Adler. El e o equipo de deseño descubriron parte da solución nunha sinxela forma xeométrica: o cadrado.

Unha aparencia, moitas posibilidades

"Deseñamos unha estrutura parecida a un cadrado con patas", explica Anders. É unha forma que utilizamos constantemente nesta serie, nas cadeiras e nas mesas. "A estrutura dálle a NÄMMARÖ unha aparencia uniforme e contemporánea. Tamén é unha perspectiva modular, que simplifica a fabricación e reduce os custos. NÄMMARÖ está libre de redondeces e curvas para que poidas levar os nosos produtos á casa en paquetes planos". Esta circunstancia permite reducir os prezos e aforrar espazo durante o transporte, desde a fabrica á casa dos nosos clientes.

Crea o teu propio oasis

En NÄMMARÖ encontrarás desde hamacas e cadeiras para os días ó sol, sofás para moitos convidados e mesas para ceas en parella ou en familia. "A cuestión é encontrar algo que se axuste ó que buscas. NÄMMARÖ crea posibilidades para distintas economías e distintas necesidades. O moble e relativamente lixeiro, de maneira que poderás movelo cando necesitares máis espazo ou cando necesites apartar a roupa de tempada. "É unha desas cousas pequenas pero importantes que che facilitan as cousas na terraza ou no balcón", di Anders.

Máis información

Funcionalidade

Ás veces é bo sermos cuadriculados

Cando creamos NÄMMARÖ preguntámonos: cal é a mellor maneira de crear mobles para exteriores cómodos e económicos? Unha das respostas encontrámola no deseño. Ao basearmos toda a serie nunha sinxela forma xeométrica, o cadrado, puidemos darlle un aspecto uniforme e reducir os custos de fabricación. E iso son boas novas para a túa carteira.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie NÄMMARÖ