Saltar
Máis de Serie NÄMMARÖ

NÄMMARÖ Biombo

75€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Coa serie NÄMMARÖ poderás crear unha sala de estar no xardín, no balcón ou na terraza. Ten todo o necesario para os teus momentos de descanso, ceas e festas de verán.

Número de artigo205.327.43

Co biombo NÄMMÄRÖ terás un xardín e unha terraza libre de olladas indiscretas.

Biombo independente, pódese utilizar para colocar plantas rubideiras ou para dividir espazos interiores ou exteriores.

Podes empregar unha ou máis pantallas consonte o espazo dispoñible.

Fácil de mover dun sitio a outro, podes tela ó carón da hamaca polo día ou ao pé da mesa durante as ceas no xardín.

Opinións dos clientes

4.3Recensión: 4.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 246Valoración media
246Opinións
4.3Recensión: 4.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 246Valoración media
246Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Patio moderno con mobles de madeira NÄMMARÖ, coxíns e plantas.

Ás veces está ben ser cuadriculado

Cando creamos NÄMMARÖ preguntámonos: cal é a mellor maneira de crear mobles para exteriores cómodos e económicos? Unha das respostas encontrámola no deseño. Basear toda a serie unha única forma xeométrica permitiunos reducir os custos de fabricación. O teu peto agradecerao.

"Queriamos que NÄMMARÖ fose manexable e ofrecese solucións para a casa", di o deseñador Anders Adler. El e o equipo de deseño descubriron parte da solución nunha sinxela forma xeométrica: o cadrado.

Unha aparencia, moitas posibilidades

"Deseñamos unha estrutura parecida a un cadrado con patas", explica Anders. É unha forma que utilizamos constantemente nesta serie, nas cadeiras e nas mesas. "A estrutura dálle a NÄMMARÖ unha aparencia uniforme e contemporánea. Tamén é unha perspectiva modular, que simplifica a fabricación e reduce os custos. NÄMMARÖ está libre de redondeces e curvas para que poidas levar os nosos produtos á casa en paquetes planos". Esta circunstancia permite reducir os prezos e aforrar espazo durante o transporte, desde a fabrica á casa dos nosos clientes.

Crea o teu propio oasis

En NÄMMARÖ encontrarás desde hamacas e cadeiras para os días ó sol, sofás para moitos convidados e mesas para ceas en parella ou en familia. "A cuestión é encontrar algo que se axuste ó que buscas. NÄMMARÖ crea posibilidades para distintas economías e distintas necesidades. O moble e relativamente lixeiro, de maneira que poderás movelo cando necesitares máis espazo ou cando necesites apartar a roupa de tempada. "É unha desas cousas pequenas pero importantes que che facilitan as cousas na terraza ou no balcón", di Anders.

Máis información

Funcionalidade

Ás veces é bo sermos cuadriculados

Cando creamos NÄMMARÖ preguntámonos: cal é a mellor maneira de crear mobles para exteriores cómodos e económicos? Unha das respostas encontrámola no deseño. Ao basearmos toda a serie nunha sinxela forma xeométrica, o cadrado, puidemos darlle un aspecto uniforme e reducir os custos de fabricación. E iso son boas novas para a túa carteira.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie NÄMMARÖ

Accesorios para NÄMMARÖ