É difícil seguir sendo popular. A nosa moderna cadeira de brazos POÄNG conservou o seu atractivo durante máis de corenta anos. Pero é que é unha cadeira fantástica: a madeira curvada faina forte e flexible, o seu deseño segue o teu corpo para garantir a comodidade e, co seu suave abaneo, namoraraste dela dende o momento en que a probes.
Deseño clásico a menor prezo
A estrutura curvada de madeira encolada achega á cadeira de brazos POÄNG o seu toque característico, unha superficie agradable e unha gran resistencia. Os coxíns do asento poden quitarse e lavarse, polo que é fácil limpala ou cambiala de estilo.
Como escoller a túa cadeira de brazos POÄNG
1 - Escolle a estrutura da túa cadeira de brazos
En forma de cadeira de brazos ou randeeira, escolle a que máis che guste, ambas teñen unha característica común: a comodidade. Ademais, podes complementar o teu conxunto cun repousapés coordinado.
2 - Elixe a cor da estrutura
Ademais da forma da cadeira de brazos, podes escoller entre varias cores para a estrutura de madeira; selecciona a que máis che guste ou aquela que mellor se adapte ao teu fogar.
3 - Escoller a cor do teu coxín
Cos coxíns POÄNG conseguirás que a túa cadeira de brazos resulte aínda máis cómoda. Dispoñibles en varios estilos, cores e tecidos. Son desenfundables e lávanse facilmente.
4 - POÄNG, tamén en versión mini
Unha cadeira de brazos divertida e cómoda para as nenas e nenos sentaren como adultos. A versión infantil de PÖANG dará moito xogo na túa casa.
No fogar, decontado
Consulta as nosas cadeiras de brazos con dispoñibilidade inmediata e recíbeas antes do que imaxinas.
Consulta dispoñibilidadeVariedade de coxíns
Anovar o coxín da túa cadeira de brazos é o xeito máis sinxelo de cambiar o aspecto da sala de estar.
Velaquí as fundas POÄNG





















































