Cortinas de baño
Ordenar e filtrar
17 produtos no resultado
Cunha fermosa cortina de ducha IKEA, podes darlle un toque de estilo ao teu baño mentres gozas da privacidade que ofrece un material sinxelo. Pecha a cortina de ducha para relaxarte con privacidade, así poderás deixar a porta do baño aberta para evitar abafar os espellos co vapor. É unha solución perfecta para os baños compartidos con moita afluencia polas mañás e protexe o resto do baño das salpicaduras de xabón tan comúns durante unha ducha quente.
Medidas e cortinas de ducha
Non esquezas comprobar o tamaño de cortina de ducha que precisas para o teu baño.
O primeiro que debes ter en conta é como e onde as vas pendurar. Se a barra xa está fixada ás paredes ou ao teito, tes que medir a distancia entre a guía e o chan e planificar a túa compra en función desa medida.
O segundo que tes que pensar é se precisas unha cortina de ducha para unha ducha independente ou para unha bañeira. Para unha ducha independente, as cortinas deben ter a lonxitude suficiente para chegar ata o chan. Deste xeito, evitarás que saia a auga durante as duchas máis longas. Porén, se as cortinas son para a bañeira, é probable que as necesites máis curtas. Deste xeito, poderás metelas dentro da bañeira cando te duches e deixalas fóra cando te bañes.
Se as nosas cortinas de ducha estándar non encaixan ben no teu baño, ten en conta que temos modelos que podes cortar ti segundo a lonxitude que queiras.
Elixir materiais de cortinas de ducha
Algunhas das nosas cortinas de ducha son lavables, o cal resulta mi útil segundo como e onde as utilices. Outros materiais seguramente non teñas que lavalos.
Por exemplo, as cortinas de ducha de plástico ou vinilo teñen unha textura gomosa e acláranse con facilidade. Pola contra, unha cortina de ducha de poliéster non é completamente impermeable, só repele a auga. Porén, como hai modelos feitos de materiais reciclados, teñen a vantaxe de que son respectuosas co medio.