Saltar
Ir á lista de produtos

Alfombrillas de baño

Regálalles aos teus pés unha superficie brandiña e ao teu baño un aspecto máis cálido. As nosas alfombras de baño son tamén unha forma de renovar o teu baño. Colócaas diante da bañeira, do inodoro ou do lavabo; hainas de diferentes formas e tamaños, así que seguro que atopas unha axeitada para o teu espazo e estilo.

Ordenar e filtrar

21 elementos
Compare

21 produtos no resultado

Amosando 21 de 21

Unha alfombra de baño é un artigo básico ao que non queremos renunciar. A calidez e a suavidade entre os dedos dos pés cando saes da ducha. A fricción adicional evita que os cativos, sempre inquedos, esvaren no chan mollado. Ese toque de cor que dá estilo ao teu baño. En resumo, unha alfombra fai que o teu baño sexa máis cálido, seguro e acolledor.

Coa nosa selección de alfombras de baño, atoparás un xeito sinxelo de engadir un toque de cor e manter o chan seco. Elixe entre un estilo minimalista e sinxelo ou un máis colorido con estampados creativos. Temos unha alfombra para cada baño.

Onde poñer a alfombra de baño

Hai dous sitios clave onde precisas unha alfombra de baño, non importan o seu tamaño nin o deseño.

O primeiro é diante da ducha ou da bañeira. Esta zona queda exposta a unha gran cantidade de auga que ás veces inclúe xabón ou xampú. Pon unha alfombra de baño para evitar esvarar coa auga xabonosa e axudar a que non se molle o chan.

O segundo sitio é en fronte do lavabo. Desde xeito, os teus pés estarán sobre unha superficie cálida e agradable mentres cepillas os dentes antes de deitarte ou cando te maquillas pola mañá.

Nalgúns baños máis pequenos, unha alfombra é suficiente para cubrir os dous sitios. Se non é así, pensa en adquirir un xogo de alfombras para darlle un aspecto unificado ao baño.

Combinar a alfombra con outros artigos de baño

Combina a alfombra con outros detalles téxtiles para darlle un toque de estilo ao teu baño.

Por exemplo, varias das nosas toallas e cortinas de ducha están dispoñibles en cores que podes combinar coas nosas alfombras de baño. Ou, por que non? Tamén podes buscar un albornoz e unhas pantuflas que combinen para vivir una experiencia propia dun hotel ou un spa no teu fogar.

Como coidar a túa alfombra de baño

Moitas das nosas alfombras de baño son lixeiras, polo que secan rápido. Iso significa que non poñerás os pés nunha alfombra húmida a próxima vez que entres no baño.

Non obstante, dado que está exposta a moita humidade, recomendámosche darlle uns días libres de cando en vez. Lava a alfombra con regularidade e deixa que seque por completo antes de poñela no chan de novo. Deste xeito, asegúraste de que a túa alfombra de baño manteña o seu aspecto estupendo e permaneza en bo estado durante máis tempo.

Un gran consello é mercar dúas alfombras do modelo que che gusta. Deste xeito, sempre terás unha alfombra limpa no baño mentres a outra está na lavadora.