Apliques de parede

Lámpadas de parede con moitas luces

As lámpadas de parede permítenche dar moito xogo na decoración da túa casa. Pode aforrarte cambiar a decoración dun cuarto, se engades unha lámpada foco, ou encher todo de luz cunha lámpada con múltiples bombillas LED, como a LEDSJÖ. Se queres ademais poder xogar coa intensidade de luz, proba con calquera dos paneis LED sen fíos FLOALT. Podes combinar un ou varios paneis e regular a iluminación da estancia, segundo se estás a ler, vendo a tele ou comendo. En cada cuarto deben combinar co resto de lámpadas para crear unha mestura realmente funcional e xeitosa.

 

Transforma espazos cunha luz aquí e unha lámpada de parede alá

Se os cuartos da túa casa non son moi grandes, pode que esteas de parabéns, as lámpadas de parede quedan xenial. Os efectos de luz que crean axudan a transformar espazos, facéndoos máis acolledores. Ademais, as lámpadas de parede ou as lámpadas de teito non ocupan case espazo e permítenche organizalo de forma óptima para outras cousas. Unha das estancias onde máis se usan as lámpadas de parede é o cuarto de baño, na zona do espello ou na ducha. Viches a nosa iluminación para o baño?