Ancho 50-99 cm

Casas con pouco espazo, armarios independentes

Se tes un fogar con pouco espazo, os armarios independentes serán a mellor solución de almacenaxe para ti. En IKEA temos armarios independentes de alturas, anchuras e profundidades diferentes para que atopes o que mellor encaixe co lugar onde necesitas colocalo. Temos armarios independentes que son máis acordes para o salón, outros para o dormitorio e outros para o baño. Aínda así, todos os nosos armarios independentes son versátiles e quedan perfectamente en calquera lugar. Elixe o teu! 

 

Armarios independentes doados de montar e limpar

Algúns dos nosos armarios independentes son doados de limpar e montar. A estrutura externa deste tipo de armarios é de tea polo que pode limparse con facilidade cun pano húmido. Estes armarios independentes teñen diferentes tipos de organización interior para que poidas colocar a túa roupa do mellor xeito posíbel. Son unha solución perfecta para os dormitorios dos nenos, pero non esquezas fixalos á parede co dispositivo antienvorcadura!