Saltar

Madeira e silvicultura

Encántanos traballar con madeira. Trátase dun material precioso que se pode empregar de múltiples xeitos, o que nos permite explorar un mundo de posibilidades moi interesantes no tocante a como deseñamos e desenvolvemos os nosos produtos. Esiximos que os bosques dos que extraemos madeira se xestionen de acordo con requirimentos estritos e que organismos de certificación recoñecidos realicen auditorías cada ano. Na actualidade, a madeira reciclada xa forma parte de moitos dos nosos produtos, e isto axúdanos a tirarlle o máximo proveito a un recurso tan valioso como este.

Repasemos a nosa forma de obter e utilizar a madeira, e respondamos algunhas preguntas importantes. 

Imaxe aérea dun bosque con copas de árbores verdes.

A madeira que utilizamos

A madeira utilizada nos produtos IKEA procede de moitos lugares do mundo. Descubre onde medra, canta utilizamos e de que tipos de madeira nos provemos.

Que porcentaxe da madeira industrial de todo o mundo utilizamos en IKEA?

Troncos amoreados nun bosque cun tractor preto.
Explora o noso mapa mundial da madeira

Mapa da madeira

O noso mapa mundial da madeira amosa a procedencia do material (agás o papel) utilizado nos produtos IKEA, así como outros datos relevantes, como as porcentaxes globais de subministración dos distintos países, os tipos de madeira e o volume por mercado. 

Explora o noso mapa mundial da madeira

Abastecemento de madeira

O noso enfoque da xestión forestal comporta, entre outras cousas, garantir que os bosques medren máis do que se tallan, que as áreas apañadas se rexeneren de maneira oportuna e que os bosques maduros se identifiquen e queden excluídos destas actividades. Estas prácticas axudan a minimizar os impactos negativos na biodiversidade e contribúen aos medios de vida das comunidades locais que dependen dos bosques.

Os nosos provedores cumpren en todo momento con IWAY, o noso código de conduta para provedores, que establece requirimentos e expectativas claros no referente ás condicións medioambientais, sociais e laborais na cadea de subministración. Polo menos o 95% da madeira utilizada nos produtos IKEA ten unha certificación de terceiros. De todos os xeitos, sempre se deben cumprir os nosos requisitos forestais. Cada ano, os bosques dos que obtemos madeira sométense a probas por parte de organismos de certificación recoñecidos.

A nosa cadea de subministración global é complexa porque entregamos produtos a clientes de todo o mundo. Supervisamos o desempeño dos nosos provedores e socios para asegurarnos de que se cumpran os nosos estándares. Se identificamos un posible incumprimento ou algunha infracción da lei, tomamos medidas de inmediato.

Unha vista dun bosque con árbores altas e unha vexetación vizosa baixo un ceo azul despexado.

Moitos puntos de vista, todos eles importantes

Existen diferentes puntos de vista sobre como se deben xestionar e protexer os bosques. Hai quen pensa que non se debe interferir coa nai natureza. Outros afirman, e con razón, que moitas persoas dependen directamente dos bosques para obter alimentos e acubillo. Ao mesmo tempo, como sociedade, tamén precisamos construír casas, imprimir libros e fabricar mobles de madeira. É posible equilibrar estes intereses aparentemente opostos? Nós cremos que si. Ao traballar con outras empresas, provedores e socios, comunidades locais, Gobernos, universidades e ONG, estamos a facer realidade a nosa misión.

Primeiro plano duns troncos amoreados.

Como decidimos que método de talla se adapta a cada bosque?

Se descubrimos algo que non se fai ben, como o arranxamos?

Unha persoa cun chaleco de seguranza e un casco observa un bosque cun portátil na man.
Maciej está de pé nun bosque iluminado polo sol cunha camisa de cadros e vaqueiros.

Coñece a Maciej, desenvolvedor de materias primas de IKEA en Polonia

Maciej leva anos estudando o traxecto da madeira, do bosque até o moble. Desde que se incorporou a IKEA en 2017, Maciej encabezou o labor de verificar a orixe e as especies da madeira utilizada nos produtos de IKEA.  

O traballo de Maciej lévao a adentrarse en serradoiros e bosques, onde cotexa os rexistros dos provedores coas condicións do mundo real. Nos serradoiros, comproba a documentación legal e asegúrase de que a madeira foi cortada consonte a normativa nacional e as normas de xestión forestal aplicables. Nas explotacións madeireiras, asegúrase de que as operacións estean certificadas de maneira independente e se axustan á normativa local e ás normas de sostibilidade. 

"Comparamos a información dos provedores co que vemos sobre o terreo. Se algo non concorda, adoptamos medidas decontado para protexer a integridade da nosa cadea de abastecemento", afirma Maciej. 

Utilización eficiente

Sempre estamos a mellorar os nosos procesos e investimos en innovación para utilizar a madeira de maneira máis eficiente e facer máis con menos. Ao mesmo tempo, esforzámonos todo o posible para utilizar madeira reciclada na fabricación dos nosos produtos e, así, reducir a dependencia da madeira virxe. No FY25, o 19% da nosa madeira procedeu de materiais reciclados, entre os que se inclúe contido preconsumo e posconsumo.

Por que non podemos utilizar máis madeira reciclada, no canto de cortar máis árbores?

Unha vista aérea amosa un camión madeireiro nunha estrada angosta que cruza un bosque mesto.

Facer realidade o cambio 

Un repousapés GAMLEHULT de ratán/antracita con almacenaxe

FRÖSET: curvas que aumentan a resistencia e a comodidade 

Ensamblar varias capas de chapa en moldes especiais e prensalas e pegalas entre si permítenos crear compoñentes curvos. A cadeira FRÖSET utiliza madeira curva de distintos grosores. Como o respaldo é máis fino, ten algo de flexibilidade, mentres que o asento é máis groso para darche apoio onde máis o necesitas. 

Unha mesa MÖRBYLÅNGA de chapa de carballo tinguida de marrón

MÖRBYLÅNGA: unha combinación de varios tipos de madeira 

O carballo é unha madeira dura que escurece elegantemente co paso do tempo. O taboleiro MÖRBYLÅNGA ten unha capa superior de entre 0,6 e 0,8 mm de carballo macizo sobre aglomerado, un xeito de utilizar distintos materiais de madeira no mesmo moble. Este acabado de alta calidade é duradeiro e dálle un toque único a cada mesa. 

Alén de IKEA

Como un dos principais usuarios de madeira no sector retallista, cremos que debemos aproveitar o noso tamaño e relevancia mundial para influír na industria forestal. Para conseguilo, colaboramos con outras empresas, provedores e socios, comunidades locais, Gobernos, universidades e ONG.

Máis información

WWF e IKEA: Unha frutífera colaboración de máis de 20 anos

Dende 2002, IKEA colabora estreitamente con WWF en numerosos países de todo o mundo para protexer os recursos naturais e transformar negocios no ámbito da explotación forestal, o algodón, a auga e o clima. Coas medidas para xestionar e salvagardar os bosques, facer fronte a ameazas como a degradación forestal e apoiar leis que combaten o comercio ilegal de madeira, o noso obxectivo é garantir que tanto os bosques como as persoas que dependen deles gocen dun futuro saudable.

Máis información
Un bosque vasto e vizoso esténdese na distancia baixo un ceo azul intenso salpicado de esponxosas nubes brancas.

"Sow a Seed" e a restauración da selva tropical

A deforestación e degradación das selvas tropicais supón un grave risco para o planeta e a súa biodiversidade, entre outras cousas. Iniciado en 1998 en Borneo, o noso proxecto "Sow a Seed" (Planta unha semente) permitiu protexer un total de 18.500 hectáreas de selva tropical moi degradada en Malaisia. Estas medidas inclúen a restauración de máis de 14.000 hectáreas de selva (o equivalente a uns 25.900 campos de fútbol). Trátase dun proxecto de restauración dos ecosistemas forestais tropicais a grande escala e a longo prazo, e nel se realizan investigacións que servirán de guía a outras entidades interesadas en restauras as selvas tropicais. 

Que é a certificación do FSC? E por que influímos nas normas que nos esixen responsabilidades?

Nun bosque, un camión equipado con guindastre carga troncos no seu remolque.