Saltar

O noso enfoque para os materiais

IKEA avalía e aborda de xeito proactivo o impacto social e medioambiental dos materiais que emprega.

O uso de materiais reciclados aumenta a eficiencia, axuda a diminuír a nosa dependencia das materias primas virxes, reduce os residuos e alivia a presión sobre os recursos naturais.

Para aumentar aínda máis a cantidade de material reciclado dos produtos, IKEA está a innovar e idear novas formas de usar materiais reciclados, todo sen deixar de centrarse na dispoñibilidade, o seguimento e a accesibilidade destes materiais.

Un pano de cociña de liño MARIATHERES en beixe a raias na sala de estar.
Máis información sobre a nosa madeira

Os moitos atributos da madeira

A madeira é un material excelente tanto dende o punto de vista do deseño como da calidade. É unha parte importante do noso herdo de deseño escandinavo.

Máis información sobre a nosa madeira
Tres ganchos KNOPARE verdes en forma da metade dianteira dun barco de xoguete, montados a diferentes alturas nunha parede verde.

Repensar os plásticos que empregamos

Fomos retirando todos os produtos de plástico dun só uso da nosa colección de mobles e decoración, e imos eliminar o plástico das embalaxes dos nosos produtos. Se podemos, usamos plásticos reciclados ou renovables como alternativa aos plásticos virxes de orixe fósil de certas liñas de produtos.

Un artesán con pantalóns verdes tece á man unha trama de bambú clara e amarelenta sobre unha base de lámpada metálica.

As moitas vantaxes do bambú

Malia o seu aspecto, o bambú non é unha árbore, senón unha herba. Trátase dunha especie que volve medrar con rapidez de xeito natural e que non adoita necesitar plantarse de novo tras a colleita. É un material superversátil e pódese adaptar a unha chea de formas diferentes.

Velaquí máis mobles de madeira

O noso compromiso

Velaquí máis produtos de bambú

Zona de reciclaxe

Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.

Localiza a túa tenda