Saltar

Inclusión LGBT+: Ser aliados e aliadas no día a día

Compartir a túa identidade LGBT+ pode resultar atafegante, pero cando a noticia se recibe con afecto e aceptación, todo cambia. 

Sabemos que o apoio no fogar fomenta a seguranza de que encaixamos, algo que logo se extrapola ao resto do mundo. Ademais, o apoio e aceptación non custan nada.

Cando hai moito que dicir, nada que dicir ou é imposible atopar as palabras axeitadas, o mellor é empezar cunha aperta (e, se a persoa non é moito de apertas, abonda con asegurarlle que todo está ben). 

Un grupo de colaboradores/as de IKEA sentado nun sofá cunha bolsa FRAKTA coas cores do arco da vella diante.

Guía para converterte nun aliado ou nunha aliada no teu día a día

Esta guía reflicte o compromiso de IKEA de crear espazos nos que todas as persoas se sintan benvidas, respectadas e libres. Utiliza estes consellos no Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia (IDAHOBIT, polas súas siglas en inglés) ―e se os integras no teu día a día, mellor que mellor― para ter un impacto positivo na vida das persoas LGBT+ que che arrodean.

Aprende mentres escoitas

Pode que algúns termos LGBT+ sexan novos para ti, pero non pasa nada. Dedica tempo a informarte sobre a linguaxe inclusiva e os retos aos que se enfronta a comunidade LGBT+. Cando alguén comparta a súa experiencia persoal, escoita e non lle restes importancia ao que conta. Se alguén fala de discriminación, non a poñas en dúbida. Todos cometemos erros: se o fas ti, pide perdón e sigue adiante.

Utiliza linguaxe inclusiva

As palabras son importantes: as persoas poden sentirse benvidas ou excluídas segundo como te expreses. Di "parella" no canto de asumir se é "marido" ou "muller", e evita utilizar "damas e cabaleiros". As familias poden ser de moitas maneiras, pero pode haber dúas mamás, dous papás, un só proxenitor ou outras situacións. Estes pequenos cambios na nosa forma de falar fan que as persoas se sintan comprendidas.

Prioriza o respecto

Todas as persoas merecen dignidade e respecto, así que comeza as conversas con empatía e compaixón. A experiencia de cada persoa é única, con obstáculos que quizais non se distinguen a primeira vista. Conecta con outras persoas mediante conversas respectuosas, fai preguntas que demostren interese e escoita para comprender, non só para responder. Estes pequenos xestos crean espazos nos que todas as persoas se senten a gusto.


Responde comentarios daniños

As palabras, mesmo cando a intención é boa, poden facer dano. Cando escoites alguén utilizar termos relativos á comunidade LGBT+ con connotacións negativas ou como bromas desapropiadas, alza a voz. Explica con calma por que é un comportamento problemático e fala en privado con calquera persoa afectada para ofrecerlle axuda. A maioría das persoas agradecen a oportunidade de aprender. A túa intervención axuda a crear un espazo no que se trate con dignidade a identidade de todas as persoas.

Asume os teus erros

Nunca deixamos de aprender. Ás veces, empregamos o nome ou o pronome equivocados, pero non entres en pánico: recoñece o teu erro, pide perdón sen poñer escusas e sigue coa conversa. O efecto das túas palabras é máis importante que o que querías dicir. A maioría das persoas valoran de xeito positivo unha desculpa honesta e a vontade de aprender. Asumir os nosos erros permítenos establecer conexións reais.

Inspira as demais persoas

Para ser un aliado ou unha aliada, o principal é entender. Interésate por libros, pódcasts e sitios web de persoas LGBT+, infórmate sobre os retos aos que se enfrontan ao teu arredor ―pois varían segundo a cultura e os recursos―, comparte os coñecementos que adquiras con familiares e amizades, e participa nos eventos do Orgullo e en reunións da comunidade: a túa presenza demostra a túa solidariedade. A lingua está viva, así que escoita voces LGBT+ diversas para seguir a informarte sobre a linguaxe apropiada.


Promove a diversidade

As persoas LGBT+ de distintos sitios terán historias diferentes. Busca libros, vídeos e pódcasts de persoas LGBT+ doutras culturas, e tenta atopar voces que non se escoiten a miúdo: cando as persoas comparten como inflúen a etnia, a relixión, as capacidades ou a idade na súa experiencia LGBT+, escoita con atención, non interrompas, dálle as grazas a quen decide compartir esta información e respecta o seu traballo.

Ve as persoas como un todo

Ser LGBT+ é parte da identidade: as persoas tamén teñen diferentes orixes, habilidades, crenzas e culturas, e todas estas facetas dan forma á experiencia humana. Unha persoa LGBT+ tamén pode enfrontarse a desafíos relacionados coa súa etnia, unha posible discapacidade, a súa idade ou a súa relixión. Cando ofrezas o teu apoio ás persoas LGBT+, é importante que recoñezas e respectes todas as pezas que forman a súa identidade.

Respecta os nomes e os pronomes

Os nomes e os pronomes son partes importantes da identidade das persoas, e non utilizar os correctos pode facer que se sintan invisibles. Se non tes claro que pronome emprega alguén, non pasa nada por preguntar con educación; se te trabucas, descúlpate, rectifica e continúa. Non fagas suposicións segundo a aparencia: a expresión de xénero non é un bo indicador do pronome que prefire alguén. Usar os nomes e pronomes correctos axuda a que todas as persoas se sintan importantes e valoradas.


Evita as suposicións

Presupoñer certas cousas segundo a aparencia é algo habitual, pero moitas veces trabucámonos: a roupa, a voz ou os xestos non revelan a orientación sexual nin a identidade de xénero. Crea un espazo seguro para que as persoas compartan a súa identidade cando e como queiran, tenta utilizar palabras sen xénero cando coñezas alguén e fai preguntas abertas que non inclúan suposicións. Este enfoque respectuoso axuda a que todas as persoas se sintan apreciadas. 

Apoia a diversidade de xénero

As persoas trans enfróntanse a desafíos moi particulares no seu día a día. Cando alguén comparta a súa experiencia, escoita sen cuestionala. Pensa nas actividades cotiás nas que quizais non reparas: entrar nun baño público, recibir atención médica ou actualizar documentos. Estas barreiras poden ser difíciles de superar, e os pequenos xestos importan: un sorriso amable e unha leria amistosa poden ser todo un alivio. Ser aliado ou aliada ten que ver co que fas, non só co que dis. Un apoio constante axuda a que as persoas trans se sintan valoradas e respectadas.


El. Ela. Elu. Nós. Todos.

Escoita historias sobre o que significa pertencer ao colectivo LGBT+. A soidade e o illamento poden afectar este colectivo; porén, as conexións auténticas e a aceptación fan que as persoas sintan que atoparon o seu sitio. A soidade é común entre as persoas que forman parte da comunidade LGBT+, pero non ten por que ser así. El, ela, elu: todo forma parte dun "nós", e mellor se formamos un equipo. 


Como actúa IKEA en favor da comunidade LGBT+  

IKEA leva moito tempo traballando para que as persoas da comunidade LGBT+ se sintan benvidas, respectadas e apreciadas por quen son. En 1994, un anuncio de IKEA na televisión presentaba unha parella de homes buscando unha mesa de comedor. Está amplamente considerado un dos primeiros anuncios LGBT+ da historia, e no seu momento foi noticia en todo o mundo.

Como empresa, as nosas normativas e o noso enfoque de inclusión LGBT+ axúdannos a crear un lugar de traballo inclusivo no que os/as colaboradores/as LGBT+ se sintan benvidos, seguros e valorados. Sabemos que aínda queda moito traballo por facer e seguiremos a centrarnos na igualdade de oportunidades no traballo, así como na defensa da igualdade no fogar.     


Preséntate ao mundo como aliado ou aliada

Amosa o teu apoio esteas onde esteas... [Dende 2019, doamos os beneficios da venda da nosa bolsa con arco da vella STORSTOMMA a organizacións LGBT+ locais] [o texto entre corchetes localízase]


Dúas persoas con chaquetas e bufandas camiñan ao aire libre xunto a unha árbore mentres conversan unha en fronte da outra, diante dun fondo urbano lixeiramente esfumado.

Existen moitos termos específicos da comunidade LGBT+. Explora o noso glosario LGBT+ aquí.

Lecturas relacionadas