Seguridade no fogar para todas as idades
O tempo pasa, queiramos ou non, e os nosos corpos vanse adaptando como mellor poden a eses cambios. Entón, por que non adaptar o noso fogar ás nosas circunstancias? Con pequenas melloras graduais ao longo dos anos, podes satisfacer as túas novas necesidades e que o teu fogar siga a ser práctico, ademais de bonito, en todas as etapas da túa vida.


Planifica con antelación hoxe para abordar os riscos de seguridade de mañá
A miúdo, as actividades da vida diaria poden deixar pouco tempo para pensar no futuro. Pero se tentas parar o barullo diario hoxe, podes pensar e anticiparte ás necesidades de mañá, e poderás ver as vantaxes nos días vindeiros.
Por exemplo, agradecerás esas luces con sensor MÖRKRÄDD e as estancias ben iluminadas se te falla a vista ou perdes mobilidade. Á fin e ao cabo, por que forzar a vista para ler o teu libro favorito cando simplemente podes utilizar unha lámpada de lectura que dea máis luz?
Hai moitos cambios pequenos e accesibles que poden lograr que goces do teu fogar como un lugar seguro e cómodo durante moitos anos.
Coa idade, a pel vólvese máis fina e máis sensible á temperatura, e aparecen hematomas con moita facilidade.

Consellos sobre decoración do fogar para reducir os riscos
Podes preparar o teu fogar para todos os anos próximos e que siga a ser cómodo, bonito e práctico.
Consellos para previr caídas no fogar
- É menos probable tropezar con alfombras de pelo curto. No obstante, utiliza sempre unha base antiescorregante STOPP e STOPP FLIT para evitar esvaróns.
- Asegúrate de que todas as zonas teñan boa iluminación, con cortinas e lámpadas fáciles de axustar, para reducir as zonas de penumbra e non levar un golpe coa típica esquina que non viches ben.
- Os pratos de ducha FOTINGEN teñen unha superficie antiescorregante, pero se aínda tes unha bañeira, usa unha alfombra DOPPA para non esvarar.
- A entrada e a saída da bañeira, sobre todo cando o corpo xa non responde como queremos, supón un gran risco, pero pode evitarse con algún tipo de agarradoira fixa.
- Coloca unha alfombra de baño grande e resistente para reducir o risco de esvarar cando saias do baño ou da ducha.
- Tenta evitar pasar cables de corrente polo chan. Podes usar os nosos organizadores de cables para telos o máis recollidos posible.
- Se tes molestias nos xeonllos ou as cadeiras, escolle unha cama, un sofá ou unha cadeira que sexan máis altos para que che resulte máis doado deitarte ou sentar e erguerte despois.
Consellos para previr queimaduras no fogar
- As cuncas para bebidas quentes deben ter boa resistencia á calor e ser doadas de agarrar. Utiliza, por exemplo, a nosa cunca VÄRDERA, cunha asa un pouco máis ancha.
- Utiliza os fogóns posteriores da placa para evitar tirar as potas ou tixolas. Non obstante, unha placa de indución evitará queimaduras non desexadas para ti e tamén para os teus netos e netas.
- Sempre que sexa posible, instala o forno e o microondas á altura máis cómoda para ti. Os teus riles estaranche agradecidos.
O xogo é un ingrediente importante do día a día, da igual a idade. E se tes netos e netas... Non te libras.

Un compromiso permanente coa seguridade dos produtos
Como se desenvolven produtos seguros en IKEA
A seguridade é un punto clave no desenvolvemento dos produtos IKEA para garantir que sexan quen de soportar as esixencias do día a día no fogar. Sometemos todos os nosos artigos a duras probas de estrés e funcionalidade para que goces deles sen preocuparte. Mesmo despois de comezar a vendelos en todas as nosas canles.
A listaxe completa de produtos IKEA retirados do mercado
Ás veces, a pesar de todas as nosas probas e certificacións, descubrimos que un dos nosos produtos vendidos presenta algún perigo potencial. Nese momento, poñemos en marcha toda a maquinaria para retiralo do mercado o máis rapidamente posible. Aquí podes consultar se tes un produto IKEA retirado do mercado e, de ser o caso, indicacións sobre o que podes facer.









