Peras cocidas lentamente en té Earl Grey
Esta deliciosa sobremesa conxuga con elegancia a dozura das peras e o amargor do té. O mascarpone e a crema fresca danlle a untuosidade axeitada.


Ingredientes:
Racións: 4-6 Tempo: 35-40 min
3 peras (de Anjou ou conferencia)
3 bolsiñas de té Earl Grey EGENTID
3 culleradas de azucre
1 dl de mascarpone
1 dl de crema fresca
4 culleradas de pistachos cortados moi finos
Mel
Pasos:
- Pelar as peras cun pelador de patacas e cortar ao longo en toradas de aproximadamente 2 cm de grosor (dá como para 4 toradas).
- Pór as bolsiñas de té nunha pota de 1 1/2 a 2 litros e engadir 6 dl de auga e mailo azucre. Ferver; a continuación, retirar do lume e deixar repousar 4 minutos.
- Quitar as bolsas de té. Volver colocar a pota no lume e deixar cocer lentamente a intensidade media. Engadir a pera e tapar. Deixar ferver lentamente entre 15 e 20 minutos.
- Mesturar o mascarpone coa crema fresca. Cando as peras estean brandas, retiralas da pota. Poñer sobre cada un dos anacos unha cullerada da mestura de mascarpone e crema fresca, unha boa cullerada do almibre da cocción e unhas pingas de mel. Botar por riba anaquiños de pistacho. Servir as rodas de pera quentes.
NOTA: Se te queres dar un capricho para almorzar, garda as peras que sobren nun recipiente na neveira toda a noite. Dá boa conta delas pola mañá acompañadas de iogur e granola.