Saltar

Pan con salmón e salsa de mostaza

Proba os sabores escandinavos con este clásico sándwich danés. O salmón afumado e a salsa de mostaza agridoce fano perfecto para un xantar lixeiro ou un bufé no verán.

Prato rosa con rebanda de pan negro rústico con varios liscos de salmón, leituga, cogombro, aneto e salsa de mostaza.
Prato rosa con rebanda de pan negro rústico con varios liscos de salmón, leituga, cogombro, aneto e salsa de mostaza.

Porcións: catro | Tempo: cinco minutos

Ingredientes:

Catro liscos de salmón afumado SJÖRAPPORT 

Catro culleradas de salsa SÅS SENAP & DILL para o salmón 

Catro culleradiñas de cebola fritida ROSTAD LÖK 

Dúas culleradas de manteiga 

Catro rebandas de pan de centeo 

Catro follas de leituga 

1/2 cogombro 

Catro poliñas de aneto 

Paso a paso:

  1. Desconxela o salmón.
  2. Corta o cogombro en talladas finas lonxitudinais cun relador ou unha mandolina.
  3. Unta a manteiga nas rebandas de pan e engádelle as follas de leituga e as laxas de cogombro.
  4. Continúa co salmón. Engade a salsa, a cebola fritida e unha poliña de aneto.
  5. Consello: Engade unhas rodas de pataca cocida debaixo do salmón para encher máis o sándwich. 

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos saudables cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas