Saltar

Guía de cociña VEDDINGE en branco

Buscas un estilo de cociña sinxelo e elegante? Proba as portas de cociña VEDDINGE de cor branca. O seu deseño liso e continuo crea unha cociña brillante na que os detalles levan toda a atención. As portas tamén son resistentes ás manchas e á humidade, polo que son moi doadas de manter limpas.

An IKEA 300 stainless steel MATÄLSKARE forced air oven in the kitchen

A túa cociña METOD con frontes VEDDINGE en branco, por menos de 1000€*

* Este é un prezo de referencia para este deseño de cociña estándar de 240 × 60 × 228 cm. Lembra que o custo final axustarase segundo a túa elección final.

Contido: armarios, frontes, tiradores, accesorios interiores, bisagras, zócolos, patas, caixóns, mesado, vertedoiro e billa.

Non inclúe o seguinte: electrodomésticos, iluminación integrada nin mesado á medida.

Deseña a cociña dos teus soños

Existen cociñas con infinidade de formas e tamaños diferentes, e cada persoa ten unha idea diferente sobre o que é unha cociña perfecta. Iso é o que fai que o sistema de cociña METOD, detrás destas frontes VEDDINGE de cor branca, sexa tan práctico. Ofrecemos armarios de moitos tamaños diferentes para que poidas combinalos e adaptalos perfectamente ás túas necesidades.

Inicia o planificador de cociñas IKEA
Unha cociña branca con armarios brancos, unha campá extractora montada na parede de aceiro inoxidable e unha mesa e cadeiras brancas.
Inicia o planificador de cociñas IKEA

Personaliza as túas frontes de cociña

Detrás destas frontes de caixóns de liñas despexadas, podes gardar os teus utensilios de cociña e outras cousas que precises ter á man. Engade un tirador cunha textura en contraste para personalizar o estilo.

Velaquí todos os pomos e tiradores
Armarios brancos con frontes de caixón brancas e tiradores de pel ÖSTERNÄS debaixo dun mesado de madeira cun vertedoiro e unha billa.
Velaquí todos os pomos e tiradores

25 anos de garantía de balde

As cociñas IKEA están feitas para resistir os rigores da vida cotiá do fogar, por moitos días e anos que pasen. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que che ofrecemos unha ampla garantía de 25 anos.

Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Un caixón branco aberto por completo, no que se ven os produtos almacenados, como aceites e condimentos.
Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos