Un recibidor familiar con organización adaptada aos máis pequechos
Os recibidores esméranse moito máis que a maioría dos cuartos, e este é un claro exemplo. Dende zapatos deportivos ata raquetas de tenis: todo atopa o seu sitio grazas á almacenaxe intelixente. Os ganchos baixos e os armarios de fácil acceso permiten que os máis pequechos poidan facerse cargo das súas cousas, mentres que as texturas naturais evitan que o espazo pareza sacado dun almacén de obxectos perdidos. O resultado? Un recibidor acolledor, por moi atafegante que sexa a vida que o arrodea.

Un recibidor que medra cos máis pequechos
Este recibidor deseñouse a proba de velocidade. A combinación de armarios LASTARE ten unha altura que se adapta aos máis pequechos, polo que mesmo eles poderán pendurar os seus abrigos sen que a tarefa se converta nun esforzo titánico. Un banco quítalle a seriedade á hora de poñer as botas, mentres que os organizadores manteñen baixo control os sombreiros, as luvas e calquera outro obxecto que vaias precisar noutro momento.
Os cascos e as mochilas voluminosos penduran á perfección (segundo os máis pequechos...) dun colgadoiro de parede, o que achega enerxía a unha decoración que, polo demais, é tranquila. O colgadoiro con almacenaxe ALTARLIDEN é máis compacto e permíteche gardar chaves, chaquetas e obxectos misteriosos que semellan non ser de ninguén. O resultado? Un recibidor que rende igual de ben que as persoas que o percorren.
Almacenaxe con personalidade
As caixas de almacenaxe fan moito máis que tragar a desorde: achegan personalidade e cor a un sutil armario branco. Os materiais naturais contrastan coas superficies lisas e proporcionan calidez; así, o espazo parece menos unha "unidade de almacenaxe" e máis un "fogar". E os pomos con orellas de coello GREJSIMOJS? Un recordatorio de que a almacenaxe pode (e debe) ser divertida.

Un recibidor fresco
Zapatos aliñados, chaquetas penduradas, luvas que están xusto onde as deixaches (á fin!)... Este é un recibidor que pode facerlles fronte ás présas matutinas sen problemas. A combinación de armarios LASTARE ocúpase do traballo pesado, mentres que os organizadores STUK teñen como obxectivo as cousas pequenas que adoitan desaparecer. É práctico, si, pero tamén demostra que a almacenaxe pode causar unha boa impresión visual.
Dunha parede branca a unha fonte de lembranzas
Entre zapatos caídos e chaquetas que saen voando, os corredores non son o que se di tranquilos. Pero aquí, unha parede de contrachapado chea de debuxos, fotos e tesouros do día a día relaxa a escena e achega calidez a un fondo limpo.
O peto de parede GREJIG deseñouse para gardar luvas, bufandas, sombreiros e outros obxectos dese estilo. Pero e se apostamos por un pouco de creatividade? Neste caso, axuda a ordenar documentos, notas e obxectos cotiáns, o que fai que o recibidor sexa práctico e que os recordos persoais sexan os protagonistas.

Un pequeno truco que causa un grande efecto
Non sempre fai falla anovar un recibidor para que semelle máis grande; ás veces, abonda cun espello. Neste caso, o espello NISSEDAL reflicte a luz e fai que o espazo pareza máis grande, o que o converte nunha pequena zona de paso nun lugar máis luminoso e relaxado. E iso non é todo: tamén che dá a derradeira oportunidade de comprobar que non te manchases de pasta de dentes antes de saír pola porta.