Saltar

O meu primeiro cuarto!

Ese momento no que nenos e nenas se mudan ao seu primeiro cuarto é moi importante para eles e para os seus pais. O berce dá paso a unha cama grande de verdade, aínda que haxa que deixar postos algúns elementos de seguranza, como unha varanda. O chan é como o de calquera outro cuarto, pero neste é o centro do universo e o lugar no que se desenvolven todas as actividades.

Un cuarto infantil con moitas cores e unha cama SLÄKT xunto a unha parede pintada de azul claro con lunares de cor rosa e laranxa.

Unha cama grande para nenos e nenas que soñan sen límites

Pode que o teu pequeno gran soñador aínda precise o tallo TROGEN para subir á cama, e a varanda NATTAPA para non caer dela, pero segue a ser unha cama de verdade. A roupa de cama NATTHÄGER converterase na súa favorita e inspirará os seus soños.

Velaquí a serie SLÄKT
Tallo TROGEN amarelo xunto á cama SLÄKT cunha varanda no lateral e unha caixa de almacenaxe debaixo. Hai uns bonitos peluches en varios sitios.
Primeiro plano dun xogo de funda nórdica e de almofada NATTHÄGER cun tigre laranxa e un pequeno coello de peluche DVÄRGHARE descansando na cama.
Velaquí a serie SLÄKT

Colchóns de máxima calidade para todas as idades

Unha cama ten que ser sempre cómoda, xa sexa a dun neno, unha nena ou un adulto, e este colchón de escuma ÅFJÄLL é unha magnífica opción tanto para os máis pequechos como para a estrutura de cama SLÄKT. A escuma combínase cunha suave capa de guata e unha funda acolchada que se pode lavar. Para rematar o conxunto, emprega a nova roupa de cama NATTHÄGER, e verás como os pequechos dormen como un tigre.

Velaquí todos os colchóns
Primeiro plano dende arriba dunha cama infantil SLÄKT co colchón ÅFJÄLL, roupa de cama dobrada e varios peluches.
Velaquí todos os colchóns

Espanta os monstros de debaixo da cama!

Hai lámpadas de noite de moitas formas diferentes, e a maioría pódense cambiar de sitio con facilidade. Unha noite, podes colocalas no peitoril da fiestra; outras, poden observalo todo dende debaixo da cama. Para os máis pequechos, ás veces é máis práctico colocar un tallo como MAMMUT xunto á cama que unha mesa de noite. Viralles moi ben tanto de día como de noite, con ou sen a axuda da marioneta NATTHÄGER.

Primeiro plano da zona que hai xunto á cama e debaixo dela, con tres lámpadas de noite LED KORNSNÖ debaixo da cama e enriba dun tallo MAMMUT vermello.

Totalmente concentrados en cen cousas á vez

É a idade perfecta para xogar por todos os lados e en calquera recuncho do cuarto. O chan será a base de todas as actividades, xa sexa darse unha aperta, xogar ao fútbol ou vivir unha aventura nun safari imaxinario. Por moi adulto que sexas, seguro que tamén hai sitio para ti no chan, así que busca o momento para relaxarte e reencontrarte co pequecho que levas dentro.

Velaquí todos os xoguetes para actividade física
Un túnel de xogo DVÄRGMÅS de cor azul no chan dun cuarto infantil, cun peluche BLÅHAJ dentro e unha marioneta en primeiro plano.
Un pai xoga coa súa filla nun puf/colchón SLÄKT no chan; no fondo, poden verse unhas paredes pintadas de azul claro, e en primeiro plano hai unha marioneta.
Velaquí todos os xoguetes para actividade física

Uns amigos que te acompañarán sempre

As marionetas son todo un clásico. Son moitas as razóns polas que seguen sendo igual de populares hoxe en día que antano. Fan que calquera historia cobre vida, acompáñante vaias a onde vaias e saben escoitar. En resumo, son a mellor compañía para os máis pequechos.

Primeiro plano dunha nena pequena xogando cunhas marionetas, un crocodilo verde á esquerda e un tigre laranxa á dereita.

Solucións de almacenaxe para sempre

O módulo de almacenaxe TROFAST é fantástico para o cuarto dos máis pequechos, xa que é fácil de organizar e as caixas con xoguetes poden levarse a calquera recanto ou estancia. A altura deste módulo convérteo tamén nun sitio perfecto para debuxar, xogar ou construír calquera cousa cos bloques de xoguete. O mellor de todo é que TROFAST non perderá o seu encanto nin a súa funcionalidade cando os máis pequechos medren e comecen a ir ao cole, nin cando pasen a ser adolescentes. Nese momento, as caixas de plástico poderán substituírse por cestas de malla, que achegan un aspecto máis maduro. A pesar disto, seguirá sendo moi sinxelo ordenar as cousas.

Velaquí o sistema TROFAST
Cuarto infantil con paredes pintadas de azul, con varios debuxos e material para facer traballos manuais nun módulo de almacenaxe TROFAST con caixas de almacenaxe de plástico.
Velaquí o sistema TROFAST

Os reis de calquera estancia, sempre á altura

Aínda que adoitan pasar desapercibidos e non demandan moita atención, os armarios son os reis de calquera cuarto. Precisamente, o armario GODISHUS é un deles. Trátase dun bonito armario que cabe en calquera cuarto, por moi pequeno que sexa, e ten profundidade máis que suficiente para poder pendurar perchas de tamaño normal. Os adhesivos incluídos permiten dar aos tiradores un toque máis alegre, e se deixas que o teu pequecho debuxe algo con xiz neles, todo será máis divertido aínda. Para que os máis pequechos poidan pendurar a súa roupa favorita e a que adoitan poñer con máis frecuencia, coloca uns ganchos na parede a unha altura que lles veña ben.

Velaquí todos os armarios infantís
Pés dunha cama SLÄKT xunto a unha parede pintada de azul claro, cun armario GODISHUS á esquerda e ganchos montados na parede no medio.
Velaquí todos os armarios infantís

Se hai sitio para xogar, hai sitio para medrar

O xogo é a mellor maneira de explorar o mundo e desenvolver habilidades, así que todo o cuarto debe formar parte desta emocionante viaxe. Falando de viaxes...tanto a cama como as solucións de almacenaxe viñeron para quedar moitos anos. Uns pequenos axustes poden dar lugar a grandes cambios, do mesmo xeito que ocorre cos máis pequechos, que non paran de medrar, aínda que o fagan pouco a pouco. Antes de que te deas de conta, serán máis altos e máis intelixentes ca ti.

Velaquí a serie SLÄKT
Recuncho dun cuarto infantil coa cama SLÄKT e a roupa de cama NATTHÄGER, dous tallos pequenos xunto á cama e un armario en primeiro plano.
Velaquí a serie SLÄKT

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos