Saltar
Máis de Colección BLÅVINGAD

BLÅVINGAD Lámpada parede, tartaruga/verde

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Quizais esta fermosa tartaruga acenda a imaxinación do teu cativo para levalo de aventuras submariñas. O que si que é seguro é que esta lámpada para nenos superou as probas de seguridade máis rigorosas.

Retrato en branco e negro de Henrik Preutz cunha camisa e chaqueta, co cabelo curto.
DeseñadorHenrik Preutz
Número de artigo205.265.63

A luz tenue é agradable para os ollos dos nenos e é perfecta como luz nocturna.

Casa ben con outros produtos da colección BLÅVINGAD.

Deseñador

Henrik Preutz

Opinións dos clientes

4.5Recensión: 4.5 de 5 estrelas. Revisións totais: 175Valoración media
175Opinións
4.5Recensión: 4.5 de 5 estrelas. Revisións totais: 175Valoración media
175Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Lámpada de tartaruga verde BLÅVINGAD, plástico reciclado, luz amarela suave, por riba da cama, xoguete de polbo laranxa, tema oceánico.

Mergúllate nun mundo de marabillas

Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.

"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.

Misterios debaixo da superficie

Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".

Descubrir o mundo

As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección BLÅVINGAD

Accesorios para BLÅVINGAD