As flores e as cores claras son ideais para o verán, pero agora imos falar do efecto refrescante como tal. Estamos en pleno século XXI, así que non ten sentido seguir utilizando edredóns ou almofadas feitos con materiais que se inventaron fai anos. A almofada ergonómica KLUBBSPORRE está feita con escuma viscoelástica por un lado e de xel refrescante polo outro. A capa de xel proporciona unha superficie fresca e relaxante para durmir. No núcleo da almofada hai uns pequenos orificios que permiten que o aire circule e que a humidade se evapore. O protector de colchón ROSENVIAL conta cun tecido na parte superior que ofrece unha sensación refrescante; por outro lado, o recheo componse de fibras diminutas impregnadas de cera que axudan a manter o corpo a unha temperatura constante. Por tanto, antes de queixarte de que pasas calor ou non deixas de suar pola noite, considera comezar a utilizar produtos realmente frescos para a cama.