Saltar

Como preparar a cama para o verán

A temperatura varía moito durante o ano; por iso, non ten moito sentido utilizar sempre a mesma roupa de cama. O ideal sería preparar a cama para o verán e cambiar os protectores de almofada e colchón por outros máis frescos, así como utilizar fundas nórdicas e de almofada de materiais que absorban a humidade e resulten máis frescos ao tacto.
Un dormitorio de estilo tradicional cunha funda nórdica NÅLBJÖRNBÄR con estampado floral, libros e plantas no peitoril.

Unha cama cun estilo propio para o verán

É imposible controlar o tempo que fai fóra, pero si podemos deixar ben claro que o verán xa chegou ao dormitorio. Se queres que o estilo do teu cuarto reflicta esta época do ano, cambia a roupa de cama por outra de cores máis claras e con motivos de verán.
Almofadas, mantas e fundas nórdicas de diferentes cores e estampados empilladas enriba dunha cama nun dormitorio.

Unha cama cun estilo propio para o verán

É imposible controlar o tempo que fai fóra, pero si podemos deixar ben claro que o verán xa chegou ao dormitorio. Se queres que o estilo do teu cuarto reflicta esta época do ano, cambia a roupa de cama por outra de cores máis claras e con motivos de verán.

Garda todo o de inverno e dálle a benvida ao verán

A caixa de almacenaxe HEMMAFIXARE é fantástica para gardar a roupa de cama que non vaias utilizar e protexela do po. Terala sempre á man para cando chegue o momento de volver empregala. Así que xa podes empezar a sacar os produtos de verán e gardar os de inverno. Aínda que pareza moi sinxelo, se cambias o edredón por outro máis lixeiro, notarás unha gran diferenza pola noite e durante todo o verán.
Unha caixa de almacenaxe HEMMAFIXARE con roupa de cama, sobre unha cama feita cunha funda nórdica azul e branca.

Garda todo o de inverno e dálle a benvida ao verán

A caixa de almacenaxe HEMMAFIXARE é fantástica para gardar a roupa de cama que non vaias utilizar e protexela do po. Terala sempre á man para cando chegue o momento de volver empregala. Así que xa podes empezar a sacar os produtos de verán e gardar os de inverno. Aínda que pareza moi sinxelo, se cambias o edredón por outro máis lixeiro, notarás unha gran diferenza pola noite e durante todo o verán.

Un alivio refrescante para os durmiñóns

As flores e as cores claras son ideais para o verán, pero agora imos falar do efecto refrescante como tal. Estamos en pleno século XXI, así que non ten sentido seguir a utilizar edredóns nin almofadas elaborados con materiais que se inventaron hai moito tempo.  A almofada ergonómica KVARNVEN deseñouse para que as noites sexan máis cómodas. Un lado ofrece unha superficie refrescante, mentres que o outro proporciona un soporte mol, polo que é doado virar a almofada e adaptala a cada noite. A forma ten como obxectivo servir de apoio á cabeza e o pescozo, independentemente de se dormes de lado, boca arriba ou boca abaixo; isto achega unha sensación de relaxación á cama e fai que estea máis equilibrada e lista para descansar nela.
Unha persoa a poñer unha funda de almofada LAGERPOPPEL a raias nunha almofada ergonómica KVARNVEN.

Un alivio refrescante para os durmiñóns

As flores e as cores claras son ideais para o verán, pero agora imos falar do efecto refrescante como tal. Estamos en pleno século XXI, así que non ten sentido seguir a utilizar edredóns nin almofadas elaborados con materiais que se inventaron hai moito tempo.  A almofada ergonómica KVARNVEN deseñouse para que as noites sexan máis cómodas. Un lado ofrece unha superficie refrescante, mentres que o outro proporciona un soporte mol, polo que é doado virar a almofada e adaptala a cada noite. A forma ten como obxectivo servir de apoio á cabeza e o pescozo, independentemente de se dormes de lado, boca arriba ou boca abaixo; isto achega unha sensación de relaxación á cama e fai que estea máis equilibrada e lista para descansar nela.

Confort por capas

Hai moitas persoas que se queixan do confort ou da temperatura na cama sen prestarlle ningunha atención ao elemento máis fundamental: a roupa de cama. Quizais, se cambias o protector de colchón por outro diferente, consegues esa suavidade adicional que buscas.Ou pode ser que unha almofada nova sexa xusto o que precisas para durmir a sono solto.

Se queres regular a temperatura, proba a utilizar varias capas de sabas, un edredón e unha colcha. É tan doado que poderás facelo mesmo mentres dormes. Así que, se buscas o xeito de conseguir unha cama ideal, proba isto, a ver que che parece. Non fai falla ter estudos de enxeñaría nin gastar moitos cartos: un pequeno cambio pode marcar unha gran diferenza.

Un dormitorio de estilo tradicional cunha funda nórdica NÅLBJÖRNBÄR con estampado floral, libros e plantas no peitoril.

Confort por capas

Hai moitas persoas que se queixan do confort ou da temperatura na cama sen prestarlle ningunha atención ao elemento máis fundamental: a roupa de cama. Quizais, se cambias o protector de colchón por outro diferente, consegues esa suavidade adicional que buscas.Ou pode ser que unha almofada nova sexa xusto o que precisas para durmir a sono solto.

Se queres regular a temperatura, proba a utilizar varias capas de sabas, un edredón e unha colcha. É tan doado que poderás facelo mesmo mentres dormes. Así que, se buscas o xeito de conseguir unha cama ideal, proba isto, a ver que che parece. Non fai falla ter estudos de enxeñaría nin gastar moitos cartos: un pequeno cambio pode marcar unha gran diferenza.

Elixe ben os materiais que están en contacto coa pel

O contacto coa pel é máis importante do que cres. Os distintos materiais achegan sensacións variadas, transpiran de xeito diferente e favorecen o sono de numerosas maneiras, polo que vale a pena elixilos con coidado. Para conseguir un toque distendido, a manta VALLKRASSING de algodón 100% engade suavidade onde máis importa. A muselina de algodón supersuave é agradable ao tacto, mentres que a textura engurrada natural e os bordos expostos crean un aspecto relaxado e simple, perfecto para desconectar.
Unha manta de muselina de algodón VALLKRASSING en branco óso con textura suave e engurrada que se estende con naturalidade sobre a roupa de cama.

Elixe ben os materiais que están en contacto coa pel

O contacto coa pel é máis importante do que cres. Os distintos materiais achegan sensacións variadas, transpiran de xeito diferente e favorecen o sono de numerosas maneiras, polo que vale a pena elixilos con coidado. Para conseguir un toque distendido, a manta VALLKRASSING de algodón 100% engade suavidade onde máis importa. A muselina de algodón supersuave é agradable ao tacto, mentres que a textura engurrada natural e os bordos expostos crean un aspecto relaxado e simple, perfecto para desconectar.

Fóra luces, e a durmir

Para moitas persoas, o mellor descanso conséguese nun cuarto ás escuras. As cortinas opacas BENGTA axudan a reducir a luz (e tamén a calor, nas noites máis cálidas). Combínaas con cortinas finas para equilibrar a privacidade, o control da luz e un aspecto máis suave durante o día.
Un dormitorio con cortinas opacas BENGTA xunto a unha cama ben feita, unha mesa de noite con lámpada e un espertador.

Fóra luces, e a durmir

Para moitas persoas, o mellor descanso conséguese nun cuarto ás escuras. As cortinas opacas BENGTA axudan a reducir a luz (e tamén a calor, nas noites máis cálidas). Combínaas con cortinas finas para equilibrar a privacidade, o control da luz e un aspecto máis suave durante o día.

Goza dunha comida de verán na cama

Ninguén pode resistirse a unha cama que acaba de estrear o seu "outfit" para o verán. E saír dela vai ser aínda máis difícil se alguén nos preparou un almorzo marabilloso para empezar ben o día.
Unha bandexa HAVSBRAXEN con vasos e cuncos con comida para o almorzo, sobre unha funda nórdica cun estampado amarelo e branco.