Saltar

Un dormitorio relaxante e minimalista de estilo Japandi con espazo para toda a túa roupa

Soñas cun cuarto minimalista de estilo Japandi cun armario ordenado? A clave está en ter espazo para todas as túas cousas; deste xeito, non estarán espalladas por todo o cuarto. Deixa só as pezas e obxectos que máis che gusten e atopa espazo para o demais. Elixe tons suaves e solucións de almacenaxe ordenadas para que todo o dormitorio transmita calma.

Un dormitorio de estilo Japandi grande e luminoso cunha cama tapizada SAGESUND branca no centro vestida con roupa de cama branca.
Un dormitorio de estilo Japandi grande e luminoso cunha cama tapizada SAGESUND branca no centro vestida con roupa de cama branca.

Almacenaxe a xogo

Por que non creas un espazo específico para todo o relacionado con vestirte? Elixe estruturas PAX adaptadas ao teu espazo para crear unha solución de almacenaxe personalizada. Resultarache máis doado ter controladas as túas pezas favoritas e manter unha zona tranquila e ordenada arredor da cama. E a roupa "perdida" deixará de quitarche o sono.

Velaquí o sistema PAX
Unha combinación de armario PAX/TONSTAD nun cuarto de vestirse luminoso cunha parede vermella e un puf SIDSJÖ beixe con almacenaxe diante.
Velaquí o sistema PAX

Unha exposición moi útil

Garda os artigos de uso diario, como a maquillaxe, a prancha do pelo e os accesorios, en distintas caixiñas a xogo en estantes abertos para que formen parte da decoración. Ademais do ben que quedan, os estantes abertos farán que che resulte moi doado coller as cousas e volver colocalas no seu sitio despois.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe e os organizadores pequenos
Dous estantes nunha parede cun tallo KYRRE de bidueiro e un espello ao lado. No estante inferior hai varios artigos en cestas LJUNGAN.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe e os organizadores pequenos

Organización dende dentro

Personaliza o interior do teu armario PAX con organizadores interiores KOMPLEMENT. Os caixóns e estantes axúdanche a sacarlle o máximo partido ao espazo do armario, mentres que outros elementos, como as bandexas extraíbles, son moi útiles para os accesorios máis pequenos. Ao ter todas as túas necesidades de almacenaxe de roupa cubertas, resultarache máis doado crear a combinación idónea para as túas pertenzas.

Velaquí todos os organizadores interiores PAX
Unha combinación de armario PAX/TONSTAD de vidro en branco/chapa de carballo chea de roupa cunha cadeira KRYLBO en beixe escuro en fronte.
Dúas bandexas extraíbles KOMPLEMENT con accesorios nun armario onde se gardan distintos complementos, como xoias, cintos e un rolete para peluxe.
Velaquí todos os organizadores interiores PAX

Goza ao máximo dos momentos de tranquilidade

Se precisas unha zona apracible para facer cousas como escribir cartas ou un diario ou, mesmo facerlle algún arranxo de costura ao teu novo vestido, este escritorio é o que precisas. Dálle un aire máis suave ao escritorio branco cunha cadeira de tea nunha cor clara e accesorios a xogo para manter o apracible estilo Japandi por todo o dormitorio.

Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador
Un escritorio TONSTAD en branco óso con varios artigos enriba a carón dun armario PAX/TONSTAD e cunha cadeira KRYLBO en beixe escuro diante.
Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador

Téxtiles suaves para sentirte como nunha nube

Enche a cama con diversos téxtiles suaves en cores neutras para maximizar a comodidade ao tempo que mantés o aspecto limpo e minimalista. Os coxíns en marrón avermellado e rosa achegan profundidade e textura, así como un toque terroso. A alfombra de cor clara, cun suave tecido mesturado, é un gusto para os pés descalzos.

Velaquí toda a roupa de cama
Unha cama SAGESUND branca e tapizada nun cuarto beixe con roupa de cama TÅTELSMYGARE en branco/azul e unha colcha VÅRELD branca enriba.
Dous coxíns, un cunha funda DYTÅG en marrón avermellado e outro cunha funda SANDTRAV rosa nunha morea con máis roupa de cama dobrada.
Velaquí toda a roupa de cama

Non esquezas o armario da roupa de cama!

Se podes, reserva un armario independente para todas as cousas que non usas a diario. É unha forma xenial de organizar a roupa doutras tempadas, os artigos pequenos para actividades específicas e a roupa de cama, de xeito que sempre estean accesibles, pero sen interferir no ambiente relaxado do cuarto. Bota unha ollada a todas as ideas da nosa guía paso a paso para organizar o armario da roupa de cama.

Como organizar o armario onde gardas a roupa de cama?
Un armario PAX/TONSTAD cunha porta aberta; no seu interior, hai unha solución de almacenaxe colgante SKUBB con seis compartimentos. Hai unha cama en fronte.
Un organizador de escritorio KUGGIS en gris/beixe sobre unha superficie branca con fíos de costura de diferentes cores e unha planta enriba.
Como organizar o armario onde gardas a roupa de cama?

Viste a túa fiestra para o día e a noite

Nesta fiestra sempre hai algo que ver, xa sexa coas cortinas abertas ou pechadas. Cando por fin atopes o momento para ti, poderás relaxarte contemplando as vistas cunha cunca de té dende unha cómoda cadeira. Cando chegue o momento de durmir, a calquera hora do día, só terás que pechar o estor opaco. O estilo solto das cortinas suaviza e enmarca o look.

Velaquí todos os estores e cortinas
Unha fiestra con estor opaco TREDANSEN en branco elegante a medio baixar e cortinas ROSENROBINIA translúcidas brancas diante.
Velaquí todos os estores e cortinas

Goza do teu dormitorio de estilo Japandi

Co teu cuarto de vestir e as solucións de almacenaxe axeitadas, xa terás todo o que precisas para crear un oasis de comodidade. A cama tapizada é o centro do cuarto: un refuxio cómodo e suave ao final dun día atarefado. A funda da estrutura de cama, que se pode extraer e meter na lavadora, escolleuse nunha cor clara que, xunto ao da roupa de cama, axuda a manter o ambiente tranquilo. O toque final póñeno os coxíns en tons escuros para potenciar a comodidade.

Velaquí todas as camas tapizadas
Unha cama tapizada SAGESUND branca con roupa de cama branca diante dun armario PAX/TONSTAD de cor branca e de vidro/chapa de carballo.
Velaquí todas as camas tapizadas