Saltar

Un dormitorio elegante para fuxir da cidade

Vivir nunha cidade implica, ademais dos habituais problemas de espazo, moitos estímulos que non sempre son agradables. As luces brillantes, os ruídos e os olores, entre outros, son frecuentes de día e de noite. Velaquí un dormitorio que ofrece un refuxio contra o caos exterior para gozares dunha boa noite de descanso.

Unha cama dobre TUFJORD con almacenaxe vestida con roupa de cama NATTJASMIN beixe e unha manta VALLKRASSING enriba.
Unha cama dobre TUFJORD con almacenaxe vestida con roupa de cama NATTJASMIN beixe e unha manta VALLKRASSING enriba.

Unha cama coa máxima comodidade

Nun dormitorio pequeno, o mellor é non complicarse e centrar os esforzos en potenciar unha noite de sono reparador. E para iso está a cama tapizada TUFJORD, que che teletransportará do caos da vida diaria a un paraíso suave e acolledor, quer para relaxarte un pouco quer para durmir. Vístea con roupa de cama de materiais naturais para crear un espazo acolledor ao que estarás desexando volver ao final do día.

Velaquí todas as camas continentais
O extremo superior dunha cama tapizada TUFJORD Tallmyra branca/negra vestida con roupa de cama NATTJASMIN en beixe claro nun cuarto solleiro.
Velaquí todas as camas continentais

Unha mesa de noite inspiradora

Aínda que a mesa de noite sexa práctica, non implica renunciar ao estilo. Elixe obxectos que che encanten con distintos acabados para crear un conxunto que reflicta a túa personalidade e que che apeteza ver xusto ante de pechar os ollos e cando os abras pola mañá. Só precisas un caixón para gardar as cousas que non che axuden a manter un ambiente apracible e tranquilo (si, estamos pensando no móbil).

Velaquí todas as mesas de noite
Unha mesa de noite TONSTAD de chapa de carballo cunha lámpada de traballo MODERMOLN cromada enriba, xunto a unha cama tapizada TUFJORD.
Velaquí todas as mesas de noite

Dálle alegría e beleza ao teu vestiario

Facer que as tarefas cotiás sexan máis bonitas pode facer que as rutinas parezan máis especiais. Para vivir outra experiencia, crea un vestiario personalizado cun burro para roupa, un espello de corpo enteiro e unha cadeira que che guste. A almacenaxe aberta para a roupa dá sensación de amplitude, e o espello grande dá luz e profundidade, as túas mellores aliadas se tes un dormitorio pequeno.

Velaquí todos os espellos
Un colgadoiro TURBO negro con varias pezas de roupa nun cuarto solleiro a carón dun espello HOVET negro e un tallo HOLMSJÖ.
Velaquí todos os espellos

Viste a fiestra con tranquilidade

As cortinas do chan ao teito, ton sobre ton, crean un cuarto acolledor, apracible e amplo, mentres que as cores claras evitan que pareza anticuado. Empeza por unha cortina translúcida xunto á fiestra para encher o cuarto de luz difusa e darlle privacidade; despois engade unha cortina semiopaca para transformalo nun refuxio á hora de durmir.

Velaquí todos os estores e cortinas
A esquina dun dormitorio xunto a unha fiestra con cortinas semiopacas ANNAKAJSA e cortinas translúcidas ROSENROBINIA colgadas.
Velaquí todos os estores e cortinas

Completa o teu elegante dormitorio con capas de luz

Unha cama tapizada chea de téxtiles e coxíns é o corazón deste elegante oasis do descanso. O ambiente apracible poténciase coas cores neutras e os materiais naturais, e a luz úsase para darlle vida. Mestura iluminación directa e ambiental para cambiar de atmosfera, día e noite. Unha vistosa lámpada colgante dálle tanto carácter e estilo que este será o espazo que primeiro che veña á mente cando precises desconectar.

Velaquí toda a iluminación
Unha cama tapizada TUFJORD Tallmyra branca/negra vestida con roupa de cama NATTJASMIN en beixe claro. Hai unha lámpada LED VARMBLIXT enriba.
Velaquí toda a iluminación