Saltar

Un cuarto moderno, ecléctico e con espazo para os teus soños

Pecha a porta e goza dunha tranquilidade absoluta. O amplo espazo de almacenaxe e o recuncho de lectura elevado crean unha zona para todas as túas cousas, así non acabarán esparexidas por toda a habitación. A decoración moderna e ecléctica transmite amplitude e dáche o espazo que precisas para crear a zona de descanso dos teus soños. E, cando non esteas durmindo, terás tempo mesmo para bailar comodamente.

Unha cama TONSTAD en cor branca óso vestida con roupa de cama MYGGLASVINGE nun cuarto amplo diante de tres estantes BILLY brancos.
Unha cama TONSTAD en cor branca óso vestida con roupa de cama MYGGLASVINGE nun cuarto amplo diante de tres estantes BILLY brancos.

Un armario elegante e espazoso

É igual se te apaixona organizar e planificar, te encanta a moda ou pasear pola cidade, queres presumir de bolsos e zapatos ou as zapatillas son a túa perdición (ou quizais os sombreiros?): o sistema de almacenaxe PAX, versátil e axustable, adáptase facilmente á túa vida e espazo.

Dende os caixóns e estantes ata os divisores de estruturas e as perchas e bandexas extraíbles, os organizadores interiores KOMPLEMENT fan maxia co espazo e conseguen que todo caiba de xeito impecable. Ponlle luz dentro, pecha as portas e reláxate.

Velaquí o sistema PAX
Unha collage animada de imaxes na que se amosan as diferentes funcións dos organizadores interiores KOMPLEMENT dentro dun armario PAX.
Velaquí o sistema PAX

A cómoda: un clásico no que podes confiar

Non desestimes o valor dunha cómoda MALM. Organiza os caixóns con accesorios SKUBB para mantelo todo ordenador, especialmente as cousas con formas peculiares que non quedan de todo ben á vista. Xa sexa pegada á parede o nun oco, cambiará por completo a estancia. Escolle ben o que pos enriba e demostra a túa creatividade.

Velaquí todas as cómodas
Dúas pantallas de lámpada de teito BÄCKNATE brancas penduradas enriba dunhas cómodas MALM brancas de catro caixóns detrás dunha cama, un tallo e unha lámpada de pé.
Velaquí todas as cómodas

Un equipo marabilloso: o estante BILLY e un recuncho

Se os libros puideran escoller, temos claro cal sería o seu fogar predilecto: sen ningunha dúbida, o estante BILLY. Leva case 50 anos sendo un dos favoritos e nin os libros nin os lectores deixaron de namorarse do noso emblemático estante. E como ten andeis regulables, unidades personalizables, caixóns e mesmo portas, pódese adaptar para organizar todo tipo de cousas, máis alá dos libros. 

Completa o teu recuncho cun chaiselongue ou unha cadeira de brazos para gozar dunha comodidade máxima xunto aos teus libros.

Velaquí todas as librarías
Dous estantes BILLY brancos pegados a unha parede turquesa cunha lámpada de pé branca e un chaiselongue SÖDERHAMN en cor beixe clara ao lado.
Velaquí todas as librarías

Transforma a cama nunha zona de calma

Transforma o centro da habitación nunha marabillosa zona de descanso. Marca o estilo cunha cama e unha mesa de noite da serie TONSTAD a xogo para crear un acabado suave, informal e apracible. Realza a cama con materiais naturais e cores neutras claras para conseguir un espazo do que non quererás saír.

Velaquí toda a roupa de cama
Unha mesa de noite TONSTAD en cor branca óso ao lado dunha cama TONSTAD en cor branca óso vestida con roupa de cama MYGGLASVINGE de cores.
Un primeiro plano dun edredón cunha almofada enriba, ambos cubertos con fundas nórdicas e de almofada MYGGLASVINGE de cores.
Velaquí toda a roupa de cama

Realza o cuarto cun banco

Engade un banco TOLKNING ao conxunto de mobles en torno á cama. Está feito de ratán natural e, coa súa calidez e os seus tons terra, crea un ambiente relaxado. Ademais, como están tecidos á man un por un, adquiren un carácter único co paso dos anos.

Por se fose pouco, debaixo da superficie hai máis do que semella. Levanta a parte de enriba e descubre un amplo espazo de almacenaxe para ter todo tipo de cousas á man. E se chega a noite e che sobran coxíns na cama, sempre podes poñelos enriba.

Velaquí todos os bancos
Un banco TOLKNING de ratán con almacenaxe aos pés dunha cama, con coxíns en fundas SVARTHÖ de cores e SANELA en azul enriba.
Velaquí todos os bancos

Crea unha parede que rebose suavidade

Pon cortinas do chan ao teito para darlle un toque especial á túa decoración minimalista. Longas e vaporosas, suavizarán o aspecto da habitación e potenciarán a sensación de amplitude, pero sen facer que pareza fría ou baleira.

Combínaas con estores para gozar do mellor de ambos mundos: privacidade e luz do día, e a escuridade precisa para durmir pola noite. Converterá un cuarto minimalista nun remanso de paz.

Velaquí todos os estores e cortinas
Un estor veneciano VECKLARFLY branco medio aberto nunha fiestra cunha fiestra HÄLLEBRÄCKA en cor beixe clara diante.
Velaquí todos os estores e cortinas

Engade un escritorio para delimitar as tarefas administrativas

Serache moi útil ter un espazo específico para poñerte ao día coas listas de tarefas pendentes, dedicarte ás túas afeccións ou escribir no teu diario, xa que, do contrario, as cousas acabarán dispersas por toda a habitación. 

E aí é onde entra en xogo o clásico escritorio TONSTAD. O seu aspecto elegante e estilizado cun acabado clásico achega estilo ao resto da habitación, pero sen facerse con todo o espazo. E se precisas que fagas ás veces de tocador, só terás que incorporar un espello na parede que hai detrás. Sempre impecable!

Velaquí todos os escritorios e mesas
Un escritorio TONSTAD marrón pegado a unha parede cun espello KAFFESTRÄD de ratán. Hai unha lámpada de traballo MODERMOLN cromada ao lado.
Velaquí todos os escritorios e mesas

Hora de relaxarte nun entorno moderno e ecléctico!

Para converter un espazo grande nun magnífico cuarto, só precisas dividir o espazo en zonas. Así, poderás pasar facilmente dunha actividade a outra, dende relaxarte cun libro ata prepararte para saír de festa ou poñerte ao día cos teus amigos nun espazo que sempre estará ordenado e transmitirá calma.

Para isto, veñen moi ben as moitas solucións de almacenaxe diferentes e a decoración informal e ecléctica. As opcións de almacenaxe aberta cédenlle todo o protagonismo ás túas cousas, mentres que a almacenaxe pechada che permite perdelas de vista ata que as precises.

O resultado? A liberdade de vivir no cuarto dos teus soños.

Un cuarto amplo cunha cama TONSTAD de cor branca óso vestida con roupa de cama MYGGLASVINGE ao lado dun armario PAX con portas en cor branca óso.