Saltar

Unha renovación do baño para aumentar a almacenaxe

Se precisas darlle unha volta ao baño para mellorar a almacenaxe, pensa nunha solución mínima, mais eficiente e, sobre todo, aberta. Algúns accesorios, como os ganchos ou os andeis, poden crear novos espazos no baño para cada persoa pór as súas cousas básicas. A almacenaxe pechada crea espazos agochados onde gardar os artigos de recambio. A desorde xa non está xustificada para ningún, nin cativos nin adultos. 

Un lavabo ÄNGSJÖN/BACKSJÖN con efecto carballo, dous caixóns e un lavabo debaixo dun espello circular nun cuarto de baño moderno.

Calma e devagar

Queres unha renovación sinxela, pero eficaz, para o teu baño? Pon almacenaxe accesible xusto onde a precises coa serie FLORSJÖN. Pensa en ganchos á altura dos cativos e papeleiras de parede para unha limpeza máis cómoda. Cunha cor versátil e formas lixeiras, estes accesorios son fáciles de combinar cun estilo moderno. Ademais, teñen detalles útiles como bandexas extraíbles, buratos de desaugue e bordos que reducen as caídas. 

Explora FLORSJÖN
Dous toalleiros FLORSJÖN de metal con revestimento en beixe cincento na parede dun baño con azulexos, entre a zona da ducha e o lavabo.
Primeiro plano dun xogo de 2 ganchos FLORSJÖN en beixe cincento na parede dun baño con azulexos cunha toalla verde e unha pastilla de xabón en verde menta.
Un andel de ducha FLORSJÖN gris-beixe con botes nunha parede de azulexos canda unha ducha, a carón dun soporte dispensador de xabón a xogo.
Esquina dun baño con azulexos á beira dun inodoro cun caldeiro do lixo FLORSJÖN en beixe agrisado montado na parede, e libros enriba da súa tapa encaixada.
Un pez globo de xoguete sobre un andel de parede FLORSJÖN gris-beixe con tres ganchos ao nivel dun lavabo na parede dun baño con azulexos.
Explora FLORSJÖN

Agocha algunhas cousas con intención

Vas reorganizar a túa almacenaxe ou engadir solucións novas? Pensa no que está agochado e no que non, especialmente se o baño é compartido. Estas unidades ÄNGSJÖN transmiten unha sensación natural e relaxante, e agochan a desorde con frontes en efecto carballo e tiradores integrados. Os caixóns e os armarios son para gardar os artigos de uso ocasional. A almacenaxe aberta é para os esenciais do día a día. Así evitarás incomodar as outras persoas, ou que os caixóns e as portas de armarios abertos o fagan. 

Explora ÄNGSJÖN
Unha unidade de toucador ÄNGSJÖN/BACKSJÖN en efecto carballo cos caixóns da parte inferior abertos para deixar ver toallas brancas e xoguetes de baño en caixas.
Un armario alto ÄNGSJÖN en efecto carballo cunha porta aberta que deixa ver os seus andeis interiores, con papel hixiénico, toallas e utensilios de baño.
Explora ÄNGSJÖN

Faille oco á calma

Secarse, fantasear, ollarse no espello... Sempre hai algún motivo para demorarse no baño. Transforma un recuncho, unha esquina ou unha parede baleira nun espazo para acougar. Almacenaxe fácil de atanguer. Téxtiles BROKGLIM suaves. Un tallo ou un banco. Plantas bonitas. Combinar tonalidades madeira co frescor do branco transmite orde e sosego. 

Un recuncho dun baño cun tallo de dous chanzos BÄSINGEN en antracita e unha varanda a carón dun toucador feito con caixóns e un mesado.

Queres unha vida aínda máis cómoda? Cola temporal ao rescate!

Que tomen nota as persoas que moran en alugueiro, que son soñadoras ou que adoran pasar á acción. O kit de instalación de parede adhesivo KROKSJÖN é un deses produtos que pasan desapercibidos, mais que che cambian a vida. Contén cola temporal e un adaptador de parede para os accesorios de baño FLORSJÖN e BROFJÄRDEN, que non requiren tradear a parede. A cola funciona en paredes de superficie lisa, como paredes de azulexos, mármore, vidro, metal, pedra ou formigón. 

Velaquí todos os accesorios sen perforacións
Velaquí todos os accesorios sen perforacións