Saltar
Máis de Serie BÄSINGEN

BÄSINGEN Tallo-chanzo pasamáns, 2 chanzos, antracita

34,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
BÄSINGEN
005.573.67

A serie BÄSINGEN en gris escuro e de aspecto sinxelo foi deseñada para facilitar os labores do día a día na casa. Esta banqueta con 2 chanzos e varanda lateral permíteche coller cousas que están nun alto.

Máis información
Cociña con taburete negro BÄSINGEN de 2 pasos, marco metálico gris escuro, armarios de madeira e baldosas vermellas.

Opinións dos clientes

4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 96Valoración media
96Opinións
4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 96Valoración media
96Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cociña con taburete negro BÄSINGEN de 2 pasos, marco metálico gris escuro, armarios de madeira e baldosas vermellas.

Un pouco de axuda que pode marcar a diferenza

Un pouco de axuda cando saes da ducha e queres coller algo da parte superior do armario, ou simplemente cando non acabaches de acordar a primeira hora da mañá. A nosa serie de produtos BÄSINGEN ofréceche a axuda que necesitas cando máis a necesitas. Deseñada para o baño, pero moi práctica para calquera estancia da casa.

A vida no fogar é un cambio constante e as necesidades mudan decontino. "Se cadra pasácheste un chisco no ximnasio e agora dóeche todo. Neses casos é posible que necesitemos axuda mesmo para as tarefas máis sinxelas. Como tomar unha ducha", di a deseñadora Sarah Fager.

Seguridade antes de todo

Sarah comezou estudando como se moven as persoas con limitacións físicas e cales son as súas necesidades. "É tranquilizador saber que hai algo onde podemos apoiarnos ou collernos coa man. Por iso creei un toalleiro e un estante de parede para o baño. Mais non só, porque os chanzos e as cadeiras de ducha tamén están aí para axudar. A cadeira de ducha é tamén un complemento distinguido: imaxina sentar comodamente aí e sentir constantemente como a auga quente vai baixando polo teu corpo.

Produtos que se mimetizan coa casa

Os produtos foron creados para ocupar pouco espazo e presentar un aspecto minimalista enraizado na tradición escandinava. "Queriamos que se acoplasen ao teu estilo, independentemente de cal sexa, para que non tiveses que andar a poñelos e quitalos". Sarah agarda que esta serie marque a diferenza no día a día de moitas persoas. "Foi un dos meus proxectos máis esixentes, porque tiven que aprender sobre situacións que son novas para min. Pero precisamente por iso foi tamén un dos meus proxectos máis edificantes. Agardo que BÄSINGEN vos acompañe durante moito tempo. Talvez utilicedes estes produtos un pouco menos durante certos momentos da vida, pero sempre estarán aí, dispostos a botar unha man".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie BÄSINGEN

Accesorios para BÄSINGEN