Sarah comezou estudando como se moven as persoas con limitacións físicas e cales son as súas necesidades. "É tranquilizador saber que hai algo onde podemos apoiarnos ou collernos coa man. Por iso creei un toalleiro e un estante de parede para o baño. Mais non só, porque os chanzos e as cadeiras de ducha tamén están aí para axudar. A cadeira de ducha é tamén un complemento distinguido: imaxina sentar comodamente aí e sentir constantemente como a auga quente vai baixando polo teu corpo.
BÄSINGEN Portarrolos, antracita, 26x17 cm
Como conseguilo
Recoller 2 puntos con
A serie BÄSINGEN en gris escuro e de aspecto sinxelo foi deseñada para facilitar os labores do día a día na casa. Este soporte para o papel hixiénico é de axuda cando tes que agarrarte a algo.
Fácil de agarrar cando necesitas algo para apoiarte.
O deseño lixeiramente redondeado evita golpes contra recantos en punta.
O accesorio do estante permíteche ter obxectos pequenos á man.
Sen parafusos á vista, porque as fixacións quedan ocultas.
Sarah Fager

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Un pouco de axuda que pode marcar a diferenza
Un pouco de axuda cando saes da ducha e queres coller algo da parte superior do armario, ou simplemente cando non acabaches de acordar a primeira hora da mañá. A nosa serie de produtos BÄSINGEN ofréceche a axuda que necesitas cando máis a necesitas. Deseñada para o baño, pero moi práctica para calquera estancia da casa.
A vida no fogar é un cambio constante e as necesidades mudan decontino. "Se cadra pasácheste un chisco no ximnasio e agora dóeche todo. Neses casos é posible que necesitemos axuda mesmo para as tarefas máis sinxelas. Como tomar unha ducha", di a deseñadora Sarah Fager.
Seguridade antes de todo
Produtos que se mimetizan coa casa
Os produtos foron creados para ocupar pouco espazo e presentar un aspecto minimalista enraizado na tradición escandinava. "Queriamos que se acoplasen ao teu estilo, independentemente de cal sexa, para que non tiveses que andar a poñelos e quitalos". Sarah agarda que esta serie marque a diferenza no día a día de moitas persoas. "Foi un dos meus proxectos máis esixentes, porque tiven que aprender sobre situacións que son novas para min. Pero precisamente por iso foi tamén un dos meus proxectos máis edificantes. Agardo que BÄSINGEN vos acompañe durante moito tempo. Talvez utilicedes estes produtos un pouco menos durante certos momentos da vida, pero sempre estarán aí, dispostos a botar unha man".






