Un sofá modular que evoluciona contigo
Os sofás modulares, como KIVIK, son perfectos para configuralos como ti queiras, pero ademais presentan outra vantaxe: como non teñen unha forma fixa, podes cambiar a combinación para dar un novo aire á túa sala de estar con facilidade.
Ordenar e filtrar
Axuda: sentei e xa non me quero levantar
Como se pode mellorar un sofá espazoso, cómodo e mol? Pois, ponlle respaldos que se poden axustar individualmente e engádelle unha chaiselongue. Sabes que? Xa preparamos ese moble que tanto desexas. Chámase MALMKÖPING e, ademais de ser fóra do común, é unha completa novidade que chega en forma de serie.
Atopa o sofá axeitado para ti
Recomendado para ti
Un sofá para unha boa sesta
Non hai maior pracer que unha sesta no sofá cunha manta e por iso un sofá cómodo e mol pódeche facer vivir a túa mellor sesta. É moi frecuente ver a televisión despois de comer e sen querer acabas quedando durmido no sofá. De repente, espertas sen saber moi ben onde estás nin que hora é. E se todo isto o podes facer nun sofá, mellor facelo nun cómodo que che permita deitarte ao teu xeito, como por exemplo nun sofá con chaiselongue.
Unha cadeira de brazos para ler un bo libro
Es un fanático da lectura que devora todos os libros que se poñen no seu camiño? Ou só les cando te enganchas a un bo libro? Sexa como sexa necesitarás un lugar cómodo e adecuado onde ler. Este espazo debe permitirche abstraerte do resto de cousas e concentrarte nas idas e vindas do libro que estás lendo. Elixe unha cadeira de brazos que che guste e pegue co lugar do teu fogar onde a vas colocar e pon a unha boa altura unha lámpada que che permita ter a luz adecuada para a lectura. E se aínda queres máis comodidade engade un repousapés aos pés da cadeira de brazos.

































































