Como aforrar enerxía e auga no fogar
Nun fogar poden malgastarse a diario moitos litros de auga limpa; e outro tanto pasa coa enerxía que sae voando pola fiestra. Porén, non é preciso tirar cos cartos polo desaugadoiro. Podes ver doutro xeito os teus hábitos domésticos tanto para recortar o gasto nas facturas de subministración como para reducir o estrago de recursos valiosos.
Aforrar enerxía é aforrar diñeiro
Podes aforrar enerxía, e recortar o gasto das facturas á vez que consegues un aspecto moderno nos dispositivos de iluminación e calefacción e nos electrodomésticos.
As mando a distancia TRÅDFRI). Para reducir os custos de calefacción dun xeito sinxelo, podes utilizar uns estores con illamento ou unhas cortinas máis grosas cando as temperaturas baixan.
E que dis desa secadora desbaldidora? Cando deixas secar as túas prendas penduradas dun tendal, estas sofren menos desgaste.
Naturalmente os electrodomésticos son esenciais no estilo de vida actual, mais só os modelos máis recentes contan coa clasificación AA+ ou superior, o que indica a súa eficiencia enerxética. E se queres ir máis aló, a enerxía solar doméstica pode reducir o que pagas por electricidade, así como as emisións de carbono.
Como aforrar auga sen sequera intentalo
De toda a auga do mundo, menos de 3 % é doce, polo que é sensato utilizala con mesura, económica e ambientalmente falando. Afortunadamente, algúns produtos modernos axudan a aforrar auga.
Por exemplo, o aireador utilizado para compensar a presión é un elemento estándar en toda a gama de billas e duchas de IKEA. Este reduce a cantidade de auga que sae (ata 50 % nalgunhas billas de baño), á vez que mantén o chorro ao nivel que queres. Deste xeito empregas menos enerxía para quentala, sobre todo se a billa ten unha función de inicio en frío.
As lavalouza e lavadoras de hoxe en día adoitan ter unha opción "modo eco" coa que se pode aforrar moita auga e enerxía. De feito, unha lavalouza chea neste programa utilizará menos auga que se lavaras todo á man.
Garda tamén algo para as plantas
Un fogar típico pode aforrar moitos litros de auga día após día con só pechar a billa mentres os seus habitantes lavan os dentes. Ou lavando a leituga nun cunco en lugar de facelo debaixo da billa. Esta auga podes utilizala para regar as plantas. E mentres agardas que a auga da ducha queza, podes recoller auga co mesmo obxectivo.
A auga doce ben pode ser un recurso custoso, mais a auga da chuvia podes collela libremente para utilizala no xardín (se agardas á posta do sol, perderás menos auga por mor da evaporación).
En climas máis cálidos, podes arrefriar a auga da billa no frigorífico para non ter que agardar a que saia fría a auga da billa. Por suposto, non todo o mundo ten auga potable a golpe de billa, polo que quizais os que si a temos deberiamos valorar ata a mínima gota.