Como durmir ben: guía especial sobre o sono e o descanso
O sono forma parte das necesidades fundamentais de toda persoa. Non obstante, algo como durmir ben e recuperar forzas, que a priori parece tan sinxelo, convértese moitas veces nunha auténtica odisea, verdade?
Desde IKEA queremos que descansar sexa o último dos teus problemas e, por iso, creamos, en colaboración coa Sociedad Española del Sueño (SES), esta guía dedicada única e exclusivamente ao sono de toda a familia. Desvelámosche todas as claves sobre o descanso e axudámoste a atopar as mellores solucións para durmir ben polas noites.
Que pasa no corpo durante o sono?
Durante o sono, o noso corpo pasa por un gran número de modificacións e non para de traballar. Fai clic no seguinte botón para saber todo o que lle ocorre ao teu organismo mentres dormes.
Como decorar o dormitorio para descansar mellor
Existe un dormitorio perfecto para durmir ben? A resposta é "claro que si!". É máis, podes crealo na túa casa cun par de consellos moi sinxelos. Contámoschos todos no seguinte artigo!
Tes dúbidas? Axudámoste a elixir os teus produtos!
Chegou o momento máis importante: mercar os produtos cos que poderás conciliar o sono. Iso si, antes de nada, como con todo bo investimento, debes informarte das características de cada complemento para asegurarte de que estás a elixir o que mellor se adapta ás túas necesidades de sono e de que non gastas o diñeiro en balde.
Imos desvelarche a primeira regra: o produto máis caro non ten por que ser o máis axeitado para ti.
Queres saber todo o que cómpre ter en conta á hora de mercar un colchón, unha almofada ou un edredón? Non perdas estas guías!
Tamén podes facelo ti mesmo
Usa os nosos planificadores de dormitorio para atopar a solución perfecta de descanso segundo as túas necesidades.
Máis consellos para o dormitorio
Precisas un pouco máis de información? Non perdas esta selección especial de ideas e consellos sobre orde e decoración para converter o teu dormitorio e os da túa familia en auténticos oasis do descanso.











