VINTERSAGA Galletas de xenxibre, 300 g
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Reúne familiares e amizades para gozardes xuntos das clásicas galletas de xenxibre suecas, unha tradición que se remonta á época medieval. Aquí traémoschas nun paquete inspirado no Nadal que casa moi ben con outros produtos de IKEA.

En decembro, en Suecia é tradición xuntarse na casa con amizades e familiares para xuntos tomar a "fika" de Nadal, galletas de xenxibre e un dos clásicos imperdibles do inverno.
As galletas de xenxibre VINTERSAGA son crocantes e presentan o sabor doce do xenxibre, a canela e o cravo. Perfectas para acompañar outros petiscos e bebidas típicas do Nadal.
O paquete está deseñado para combinar con outros produtos de Nadal de IKEA, así poderás crear unha decoración a xogo.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Form design process
Crea o teu propio conto de fadas
O nome VINTERSAGA vén de dúas palabras suecas, "vinter", que significa inverno e "saga", que significa conto de fadas. A idea é celebrar os momentos de festa e crear o teu propio conto de fadas acompañado de bombóns, bebidas quentes de froitas e saborosos petiscos de xenxibre de distintas formas e ideais para esta época do ano.
Funcionalidade
"Fikar" sempre en compañía durante o Nadal
Decembro é o mes de "fikar" na casa, coas amizades e familiares, para unha boa "fika" de Nadal: unha tradición sueca típica das vacacións de inverno. Con música de fondo e en compañía das galletas de xenxibre VINTERSAGA e dos característicos sabores do xenxibre, a canela e o cravo. Ocórreseche algo máis típico e apetecible? E se queres ir un chisco máis lonxe, podes acompañar todo isto con algún outro doce e as típicas bebidas de froita quentes.




