VINTERSAGA Casa de biscoito de xenxibre, 300 g
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Desde o século XIX, en Suecia existe a tradición de xuntarse amigos e familiares para construír casas de xenxibre. Agora, ademais de construír casas, por que non acompañalas das árbores de xenxibre VINTERSAGA?

En decembro, en Suecia é tradición xuntarse na casa con amizades e familiares para xuntos crear enfeites de Nadal e un dos decorados máis icónicos é a casa de xenxibre.
Libera a imaxinación e decora a casa de xenxibre VINTERSAGA ao teu gusto, con glasa, doces de cores ou co que quixeres.
Es unha persoa creativa? E gústache a bricolaxe? Pois entón tes que probar as árbores de xenxibre VINTERSAGA e crear a túa propia e acolledora cabana no bosque.
O paquete está deseñado para combinar con outros produtos de Nadal de IKEA, así poderás crear unha decoración a xogo.
Glasa: nun cunco pon 250 g de azucre glas, a clara de 1 ovo e 5 ml de zume de limón ou vinagre e remexe ata conseguir unha pasta bastante espesa. Aplica a mestura cunha manga pasteleira (pódese facer con papel de forno).
Conservar nun lugar seco a temperatura ambiente.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Form design process
Crea o teu propio conto de fadas
O nome VINTERSAGA vén de dúas palabras suecas, "vinter", que significa inverno e "saga", que significa conto de fadas. A idea é celebrar os momentos de festa e crear o teu propio conto de fadas acompañado de bombóns, bebidas quentes de froitas e saborosos petiscos de xenxibre de distintas formas e ideais para esta época do ano.
Funcionalidade
Crear fermosas lembranzas en compañía dos seres queridos
Decembro é o mes das xuntanzas, unha época na que en Suecia a xente adoita xuntarse cos seus seres queridos para facer algún traballiño decorativo. Unha das decoracións máis icónicas son as casas de pan de xenxibre. Pon música que vos acompañe, xuntádevos derredor da mesa e compartide petiscos mentres adornades a casa con glasa e outros enfeites. Queres máis? Pois entón colle as árbores de pan de xenxibre VINTERSAGA e crea unha cabana no bosque.









