Xunta as túas amizades e familiares para construír árbores de xenxibre, unha tradición de vello onde creamos figuras a partir de distintos alimentos. E por que non probar a facer o mesmo co xenxibre VINTERSAGA?

En decembro, en Suecia é tradición xuntarse na casa con amizades e familiares para xuntos crear enfeites de Nadal e un dos decorados máis popular son as árbores de xenxibre.
Coas árbores de xenxibre VINTERSAGA poderás crear facilmente unha decoración que acompañe os momentos festivos.
Es unha persoa creativa? E gústanche a bricolaxe? Pois entón tes que probar as casas de Nadal de xenxibre VINTERSAGA e crear a túa propia e acolledora cabana no bosque.
O paquete está deseñado para combinar con outros produtos de Nadal de IKEA, así poderás crear unha decoración a xogo.
Glasa: nun cunco pon 250 g de azucre glas, a clara de 1 ovo e 5 ml de zume de limón ou vinagre e remexe ata conseguir unha pasta bastante espesa. Aplica a mestura cunha manga pasteleira (pódese facer con papel de forno).

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Form design process
Crea o teu propio conto de fadas
O nome VINTERSAGA vén de dúas palabras suecas, "vinter", que significa inverno e "saga", que significa conto de fadas. A idea é celebrar os momentos de festa e crear o teu propio conto de fadas acompañado de bombóns, bebidas quentes de froitas e saborosos petiscos de xenxibre de distintas formas e ideais para esta época do ano.
Funcionalidade
Creacións fermosas para reforzar vínculos
Decembro é o mes das xuntanzas, unha época na que en Suecia a xente adoita xuntarse cos seus seres queridos para facer algún traballiño decorativo. Unha das decoracións populares son as árbores de pan de xenxibre. Pon música que vos acompañe, xuntádevos derredor da mesa e compartide petiscos mentres adornades a árbore. Con ganas de expresar a túa creatividade sen límites? Pois entón colle a casa de pan de xenxibre VINTERSAGA a xogo e crea unha cabana no bosque.







