Saltar

TUFFING Estrutura de liteira, gris escuro, 90x200 cm

139€
O colchón e a roupa de cama véndense á parte.

Complétao con

Un colchón de escuma ÅGOTNES gris enrolado, cunha cuberta lisa e unha capa de confort firme.

ÅGOTNES Colchón escuma, 90x200 cm

79,99€
  • Grosor: 10 cm
  • Escuma
  • Firme
  • Paquete enrolado

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Unha liteira é o moble perfecto cando necesitas instalar 2 camas nunha superficie reducida. Esta liteira superou as mesmas probas de seguridade có resto das nosas liteiras. Esta só é un pouco máis baixa... e económica.

Número de artigo002.392.33

Ter unha liteira no canto de dúas camas é a mellor maneira de ter máis espazo libre no dormitorio para xogar e outras actividades.

Esta "cama alta baixa" é máis accesible e fácil de facer.

Unha boa solución se tes pouco espazo.

Ao ter a escaleira no centro, resulta máis doado entrar e saír da cama.

Opinións dos clientes

3.8Recensión: 3.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 1299Valoración media
1299Opinións
3.8Recensión: 3.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 1299Valoración media
1299Opinións

Accesorios para TUFFING

Produtos relacionados

Recomendado para ti

TUFFING cama de bunk, marco metálico negro, roupa de cama de corazón, compacto, seguro, baixo.

Unha cama para perspectivas novas

A vida vese doutra maneira desde a cama. O moble perfecto para dous xemelgos inseparables, ideal tamén para cando mamá ou papá van ó dormitorio dar as boas noites, porque ten a altura perfecta. A liteiras e as camas altas son a elección máis acertada para aproveitar ao máximo as zonas reducidas. E o mellor é que na fabricación de TUFFING utilizamos menos materiais.

As liteiras e camas altas TUFFING están feitas con aceiro e con tecido de malla e son lixeiramente máis baixas ca outras liteiras. Isto permite utilizar menos materiais na construción e maior facilidade á hora de transportalas.

Os pequenos non pensan na seguridade, nós si

A cama alta gaña en estabilidade ao centrar a escaleira. A escaleira tamén actúa como varanda protectora, porque as camas teñen que ser sitios seguros, onde poidan durmir e xogar con total seguridade. É por iso que as nosas camas pasan por unha serie de rigorosas probas. As normas de seguridade do sector son xa de por si moi estritas, mais nós imos un paso máis alá. Cando creamos as camas TUFFING centrámonos especialmente en evitar que aparecesen brechas e aberturas nas que puidesen quedar atrancadas mans e pés facilmente. Unha vez tivemos o modelo da cama, sometemos a estrutura a intensas probas de seguridade.

Un lugar para as nenas e nenos descansar

Durante o proceso de deseño participamos nas pesquisas da Dra. Barbie Clarke, unha psicóloga con moitos anos de experiencia na investigación do desenvolvemento infantil. Así explica ela o papel que xoga unha cama: "A miúdo, durante as nosas pesquisas, as nenas e nenos dinnos que a cama é a súa parte favorita da casa. Sénteno como algo propio, como unha pertenza: "É meu, o meu espazo". A cama é como a súa área privada, un lugar onde se van formando, onde descansan e recuperan folgos".

Máis información

Material

Que é o aceiro?

O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.

O prezo máis baixo

Non te deixes enganar polo prezo.

A liteira TUFFING superou as mesmas estritas probas de seguridade que o resto das nosas liteiras. Só utilizamos outros materiais, fixémola máis baixa e substituímos a varanda pola escaleira. Todo para que sexa igual de segura para durmir, pero un pouco máis barata.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de