Saltar
Máis de Serie TOLKNING

TOLKNING Mesa de noite, á man, 52 cm

89,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
TOLKNING
205.126.60

A serie TOLKNING é moi versátil e está feita de fibras naturais que lle dan un toque de calidez. Podes colocar esta mesilla xunto á cama ou a túa cadeira de brazos favorita e servir café na súa bandexa extraíble.

Máis información
TOLKNING Mesa de noite, á man, 52 cm

Opinións dos clientes

4.4Recensión: 4.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 84Valoración media
84Opinións
4.4Recensión: 4.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 84Valoración media
84Opinións

Accesorios para TOLKNING

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Mesa lateral de vimbio TOLKNING con bandexa extraíble xunto á cama, madeira clara, redonda.

Leva a natureza ao interior da túa casa

Traballamos con expertos artesáns para deseñarmos TOLKNING. O resultado é unha serie decorativa e multifuncional de produtos feitos de fibras naturais con moita personalidade e un aspecto entrañable e único.

Simi Gauba e Kristin Pfannenschmidt son dous das nosas deseñadoras de produtos. Traballan moito con fibras naturais e están radicadas en Vietnam. "Recibidos a axuda de expertos artesáns durante o proceso de creación de TOLKNING, porque eles coñecen os puntos fracos e fortes do material", di Simi. "Sen eles, non seríamos quen de ofrecerlles estes produtos aos nosos clientes".

Forma e funcionalidade van da man

As fibras naturais tratadas correctamente poden transformarse case en calquera cousa. "Podemos crear produtos fermosos e funcionais. É imposible manufacturar dúas exactamente iguais, xa que as fibras naturais varían de cor e textura. E desta forma os clientes levan consigo obxectos con moita personalidade", di Kristin.

Cooperación entre ser humano e natureza

Simi di que traballar con fibras naturais pode supoñen un reto, mais iso tamén é parte do encanto. "A serie TOLKNING representa un legado que cómpre conservar. Ser humano e natureza da man e coñecementos que son transmitidos de xeración en xeración. Acho que ese é un dos motivos polos que estes produtos son tan queridos. Teñen unha alma e un espírito moi prezados e son perfectos para decorar calquera casa con materiais xenuínos e naturais".

Material

Que é o ratán?

O ratán é un material resistente, lixeiro e flexible obtido a partir do talo dunha planta co mesmo nome. Pódese utilizar como un todo ou dividido en partes máis finas, que se trenzan para facer cestos e mobles. O ratán pertence á familia das palmeiras e medra ao longo das árbores, polo que non é necesario talar ningunha árbore para recollelo. É un material natural e os produtos adoitan estar feitos á man por artesáns, polo que cada peza ten un aspecto único.

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de Serie TOLKNING