Saltar

STYRSPEL Cadeira de brazos “gaming”, gris escuro/gris

249€

Escolle cor:

Gris escuro/gris
  • Cadeira de xogos ergonómica gris STYRSPEL con costas de malla, repousacabezas e brazos axustables.
  • Cadeira de xogos vermella STYRSPEL con costas de malla, repousacabezas axustables, soporte lumbar e brazos para comodidade e fluxo de aire.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Probado para: 110 kg

A cadeira gaming STYRSPEL axúdate a xogar e dar o mellor de ti durante a partida. Axusta o repousacabezas, o soporte lumbar, os repousabrazos e a altura e profundidade do asento. O material de malla manterate fresco cando o xogo se torne intenso.

Número de artigo205.220.32

A malla do respaldo facilita a circulación do aire, ideal cando as partidas soben de intensidade.

Esta cadeira gaming ergonómica inclúe moitas funcionalidades que che permitirán adaptala facilmente ó teu corpo.

Os repousabrazos encóntranse no respaldo, polo que reclinarás ambos os dous á vez e contarás co apoio preciso para diversas actividades, como por exemplo xogar co móbil.

Bloqueo de inclinación (4 posicións): bloquea a cadeira en diferentes ángulos para aumentar a estabilidade e o apoio.

Opinións dos clientes

3.8Recensión: 3.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 235Valoración media
235Opinións
3.8Recensión: 3.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 235Valoración media
235Opinións

Accesorios para STYRSPEL

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Configuración de xogos modernas con luces púrpuras, cadeira STYRSPEL, monitores dobres, luces anel e altofalantes.

Sube de nivel coa cadeira axeitada

O gaming é un traballo para milleiros de persoas e un pasatempo para millóns. Unha das cousas que une os xogadores de todo o mundo é o seu amor polos esports e os retos na pantalla. E, se somos sinceros, outras cousas que tamén os unen son as longas horas que botan sen moverse da cadeira e as dores de músculos. Grazas á cadeira STYRSPEL por fin estarás cómodo conforme vas subindo de nivel e superando un reto tras outro.

"E aínda que o teu non sexan os xogos, seguro que coñeces a alguén que si lle van máis. Sempre hai algún xogador en cada familia", di a creadora de produtos Ola Kristensson. "Unha gran parte das cadeiras de gaming que hai no mercado semellan cadeiras de carreiras. Porén, no noso caso, quixemos crear algo distinto, algo que faga pensar en IKEA, con todo o que iso implica".

Totalmente funcional e cómoda

"As cadeiras STYRSPEL ofrecen a funcionalidade e o aspecto do que carecen outras cadeiras de gaming convencionais", di. O respaldo e a anchura do asento son características moi prezadas por todas as persoas ás que lles gusta a comodidade diante da pantalla. "Utilizamos un tecido de malla resistente no canto de acolchamentos. Transmite un efecto refrescante, moi agradable cando botas moitas horas diante da pantalla que ademais é máis suave en comparación con outros tecidos de malla. Tamén quixemos que fose intuitiva, para que poidas axustala facilmente segundo a posición que che resulte máis cómoda e independentemente da fisionomía que teñas".

Comodidade entre dispositivos

STYRSPEL ofrece outras características especialmente deseñadas para xogadores, moi valoradas tamén por outras persoas, como os apoios xiratorios para os brazos. "Isto é porque en ocasións buscamos distancias distintas entre cotobelos, en función de se estamos xogando nunha consola, na computadora ou co móbil. Con STYRSPEL poderás adoptar a postura que che resulte máis cómoda en cada momento, independentemente do dispositivo no que esteas a xogar. É unha cadeira con varias características que te axudarán a mellorar as túas puntuacións e a divertirte máis. Moi boas noticias tamén para quen viva cun gamer e que de vez en cando precisa "roubar" unha cadeira especialmente cómoda.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de