Saltar
Novidade

PELARKÖRSBÄR Cortina, 1par

29,99€

Complétao con

Conxunto de cortinas de dobre cromo Soldvärg mal con terminos de vidro.

SOLDVÄRGMAL Barra cortina dobre

39,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
PELARKÖRSBÄR
306.210.98

As cortinas PELARKÖRSBÄR con follas cos bordos negros bailan sobre fondos brancos. Teñen un deseño ideal para salas de estar ou comedores, xa que deixan pasar a luz, sen por iso sacrificar a privacidade. Axústanse tanto a barras como a raís.

Máis información
PELARKÖRSBÄR Cortina, 1par

Opinións dos clientes

4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 10Valoración media
10Opinións
4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 10Valoración media
10Opinións

Accesorios para PELARKÖRSBÄR

Produtos relacionados

Recomendado para ti

PELARKÖRSBÄR Cortina, 1par

Un toque floral cheo de frescura

Os estampados florais seguen a ocupar un lugar destacado no deseño de interiores. Nesta ocasión, porén, queríamos explorar esta temática atemporal dende unha óptica nova. Co estilo expresivo da deseñadora gráfica Stina Persson, sentimos que íamos por bo camiño. O resultado é unha colección conxuntada de flores abstractas e liñas suaves e amplas que unen como un fío vermello cortinas, coxíns e roupa de cama.

"Stina traballa coas acuarelas utilizando un estilo divertido e gráfico que achega unha sensación refrescante e chea de emoción", afirma Karin Dahlström, coordinadora de deseño dos nosos tecidos. "Démoslle algunhas indicacións, como a paleta de cores que debía usar e os produtos que debía incluír. A colección debía ir conxuntada, ser funcional durante todo o ano e poder combinarse co resto das nosas gamas para sala de estar e mais dormitorio".

De pinceladas a estampados téxtiles

Transformar as acuarelas de Stina en preciosos estampados téxtiles e produtos para o deseño de interiores esixiu unha colaboración estreita co equipo encargado dos tecidos. "Había que atopar a escala axeitada para que os motivos encaixasen, por exemplo, nun coxín, e pescudar a repetición, é dicir, como debía propagarse o padrón polo tecido". Outro aspecto importante foi calibrar as cores para que o resultado coincidise coa planificación. "Este traballo, mesmo nas súas fases dixitais, ten o seu aquel de artesanía. Cómpre precisión e mais unha ampla experiencia para chegar ao punto exacto", expresa Karin.

Expresión para a xanela

Os padróns máis grandes e atrevidos a miúdo acaban nos coxíns e mais nos elementos decorativos, mais neste caso escollemos utilizar algúns deles nas cortinas SKOGSNÄSSLA e PELARKÖRSBÄR. "Cando vimos as magníficas pinturas de Stina, o que queríamos era que salientasen", lembra Karin, que desenvolveu unha nova estima pola acuarela mentres traballaba coa colección. "Imaxina como unha soa cor é capaz de ter tantos tons diferentes solo por como está mesturada. A acuarela é realmente expressiva e definitivamente é capaz de facer unha contribución única aos interiores".

Máis información

Funcionalidade

O tecido reduce o paso de luz

O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de