- Nome de marcaIKEA
- Referencia de modeloÖVERNÄS 00573046
- Clase de eficiencia enerxéticaD
- Consumo anual de enerxía184 kWh/ano
- A suma dos volumes do(s) compartimento(s) conxelador(es)74 L
- A suma dos volumes do(s) compartimento(s) de refrixeración193 L
- Conxelador con clasificación de estrelas4
- Clasificación climática
- Emisións de ruído35 dB
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 159 puntos con
Podes cambiar de opinión
Mantén os teus manxares frescos durante máis tempo! Este frigorífico/conxelador integrado arrefría rapidamente os alimentos, mantendo a humidade perfecta para as verduras e a temperatura axeitada para as carnes e o peixe.
- Refrixeración con ventilador
- Enfriamento rápido
- Conxelación rápida
- Sistema sen carouxo
- Modo vacacións
- Caixón de humidade axustable
- Caixón de temperatura baixa/variable
- Alarma de porta
Mantemento
Frigorífico/ConxeladorEncontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.
Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.
Limpa con frecuencia o interior da porta do frigorífico/conxelador cun pano suave con agua morna e xabón.
Revisa con frecuencia as xuntas das portas e límpaas cando for necesario.
Non utilices disolventes nin produtos abrasivos para limpar o frigorífico/conxelador.
5 anos de garantía de balde. Consulta as condicións no folleto da garantía.
A tecnoloxía "no-frost" impide a formación de xeo e de carouxo tanto nos alimentos como no frigorífico ou conxelador.
O ventilador de refrixeración fai circular o aire para acadar unha temperatura uniforme en todo o frigorífico e, así, aproveitar ao máximo cada recuncho.
Activa a función de refrixeración rápida para arrefriar os alimentos cando chegues da compra protexendo así o que xa tiveses dentro e evitando que aumente a temperatura da neveira.
Inclúense 2 baldas regulables.
Inclúe 1 compartimento para baixa temperatura.
O produto inclúe 1 caixón con control de humidade.
Bandexa do conxelador de fácil acceso.
O conxelador inclúe dous caixóns.
Completar coa bisagra UTRUSTA de 95 °, que se vende á parte.
Estrutura de armario alto con reixa de ventilación, portas, zócalo e tiradores véndense á parte.
Podes montar as portas á dereita ou á esquerda.
Este frigorífico/conxelador integrado debe instalarse nun armario de cociña.
Atoparás información completa sobre a instalación e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.
O frigorífico/conxelador fai ruído mentres regula o aire e a temperatura interiores. O nivel de ruído da etiqueta enerxética baséase en probas de laboratorio e pode variar na casa, debido a factures como a acústica da estancia e a instalación.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Mantemento
Frigorífico/ConxeladorEncontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.
Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.
Limpa con frecuencia o interior da porta do frigorífico/conxelador cun pano suave con agua morna e xabón.
Revisa con frecuencia as xuntas das portas e límpaas cando for necesario.
Non utilices disolventes nin produtos abrasivos para limpar o frigorífico/conxelador.
- Este produto leva marcado CE.Este produto contén a marca de conformidade de Serbia.


- 005.730.46
1 × ÖVERNÄS
Frigorífico/conxelador- Ancho: 61 cm
- Alto: 58 cm
- Longo: 189 cm
- Peso: 79.00 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Form design process
Está todo nos caixóns!
Queres que os alimentos se manteñan frescos? O caixón de humidade axustable pode supoñer unha gran diferencia para as froitas e as verduras. No caso dos alimentos que se estragan antes, como as mazás, as peras e os aguacates, axusta un nivel de humidade baixo. Para as follas verdes e as verduras delicadas, auméntaa para que se manteñan frescas. O caixón de baixa temperatura é ideal para a carne, o peixe ou as bebidas que necesitan gardarse moi fríos. Se utilizas ben estes caixóns, a comida manterase en perfecto estado durante máis tempo.
Funcionalidade
Frescor durante todo o ano
Es unha persoa meticulosa no que respecta á organización do frigorífico ou es máis de metelo todo dentro ao chou? E o resto da familia, como é neste sentido? Sexa como for, os alimentos deben conservarse en frío. E aí é onde entran en xogo os ventiladores. Porque os ventiladores que hai detrás dos paneis posteriores dos frigoríficos moven o aire e axudan a manter unha temperatura baixa. Así poderás conservar os teus alimentos durante máis tempo e reducir os reboutallos.
Calidade
Despídete do xeo!
Cansaches de sacar comida conxelada do fondo do frigorífico ou do conxelador? Non tes tempo para descoxelar? A tecnoloxía "no-frost" pode axudarte. Regula intelixentemente a humidade para impedir que se acumule o xeo e a carouxo tanto no interior do electrodoméstico como na comida. Esquécete dos pequenos desastres de desconxelación. Déixallo ao teu frigorífico/conxelador. Aforrarás tempo e manterás os teus alimentos frescos.












