LÅNESPELARE Soporte para ordenador portátil, pregable/azul
Como conseguilo
Podes cambiar de opinión
Este soporte pregable, lixeiro e compacto foi deseñado para as horas de xogo ou traballo diante do portátil/tablet resultaren máis levadías. Un accesorio perfecto para aquelas persoas que non paran quietas.


Coloca o portátil á altura dos ollos e evita posturas incómodas para o pescozo e a cabeza. Unha solución sinxela que reduce as dores no pescozo e nas costas e mellora a postura.
Mellora a circulación do aire e evita o sobrequentamento durante as longas horas xogado a videoxogos ou traballando.
O soporte é pregable, lixeiro e compacto, o que che permitirá levalo dentro dunha mochila.
Tamén o podes utilizar cunha tablet, segundo a situación e as túas preferencias en cada momento.
David Wahl

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Funcionalidade
Deseñado para un alto rendemento e unha gran comodidade
Este soporte permíteche colocar o computador á altura dos ollos e adoptar unha postura máis cómoda, así evitarás forzar as costas, o pescozo e a cabeza. Mellora a circulación do aire e o rendemento, xa que evita o sobrequecemento durante as longas horas xogado a videoxogos ou traballando. Perfecto para portátiles e tablets de ata 17 polgadas. Un accesorio ideal para levar contigo onde queiras.







