Cando a UE endureceu os requisitos de clasificación enerxética para lavalouzas en 2021, as máquinas que antes tiñan a cualificación A pasaron a ter a D ou a E. Cumprir cos novos requisitos da cualificación A supuxo un verdadeiro reto para todos os fabricantes. "Foi complicado", afirma André Jacobus Olivier, inxeñero de desenvolvemento de produtos para as nosas lavalouzas, "pero a UE viu o potencial para ir aínda máis aló". André e os seus compañeiros contactaron cun dos nosos principais fornecedores de lavalouzas. "Deron cun xeito intelixente de optimizar a tecnoloxía actual. Neste caso, engadiuse un terceiro brazo pulverizador, que antes só se empregaba en modelos con bandexa extraíble". Gracias a este pulverizador adicional, a agua distribúese mellor, o que garante que os pratos se mollen máis e que os restos de comida se eliminen de xeito eficaz. "Logo, a cuestión era optimizar o fluxo e a temperatura da agua, así como de permitir un secado rápido mediante a apertura automática das portas, para cumprir cos novos e estritos requisitos da UE."
- Nome de marcaIKEA
- Referencia de modeloLAGAN 30627364
- Clase de eficiencia enerxéticaA
- Consumo de enerxía do programa eco54,2 kWh/100 ciclos
- Consumo de auga do programa eco9,5 L
- Duración do programa eco4:50
- Capacidade nominal en número de cubertos estándar, para o programa eco14 x
- Emisións de ruído42 dB














